Saltar ao contido

Final Fantasy VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Final Fantasy VII
Logotipo
 Instancia de
 Título
ファイナルファンタジーVII (ja) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua
Obras e produtos
 Obra derivada
 Formato de distribución
 Sistema operativo
 Franquía de medios
 Modo de xogo
 Ambientado en
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
 Universo ficticio
Implicados
 Produtor/a
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Artista principal
Organizacións
 Editorial
Economía
Custo40000000 $ Editar o valor en Wikidata
Unidades vendidas15500000 (22 de febreiro de 2026) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
14 de novembro de 1997 (PlayStation) (rexión PAL)
26 de marzo de 2019 (Xbox One, Nintendo Switch) (mundial)
16 de maio de 2013 (Microsoft Windows) (Xapón)
31 de xaneiro de 1997 (PlayStation) (Xapón)
7 de setembro de 1997 (PlayStation) (América do Norte)
25 de xuño de 1998 (Microsoft Windows) (América do Norte, Europa)
5 de decembro de 2015 (PlayStation 4)
7 de xullo de 2016 (Android)
19 de agosto de 2015 (iOS) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
84% OpenCritic (31 de maio de 2019)
81/100 OpenCritic (31 de maio de 2019)
92/100 Metacritic Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0dvzv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt0208155 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un videoxogo de rol, lanzado inicialmente para consolas e desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora a Square Enix) publicado en 1997.

Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo neste continente. Pola contra, no Xapón e os Estados Unidos foi unha adición máis aos éxitos de vendas que xa tiña esta saga.

A consola elixida para o seu lanzamento foi a PlayStation de Sony, logo de que Squaresoft rompera a súa exclusividade con Nintendo e cancelara o proxecto para Nintendo 64 e logo tamén de desenvolver probas marradas coa consola Sega Saturn. A posteriori apareceu tamén unha adaptación do xogo en formato PC para Windows 95. Circulan algunhas imaxes da versión cancelada para Nintendo 64 que mostran un estado moi primitivo de programación debido á pronta ruptura con Nintendo.

O xogo narra a historia de Cloud Strife, un mercenario que vive angustiado por un tormentoso pasado que non é quen de lembrar completamente e que decide unirse a un grupo de rebeldes que loitan contra a poderosa empresa Shin-Ra Corp. Axiña se verán arrastrados por unha complexa trama que os levará a loitar a morte contra Sephirot, un estraño experimento xenético que logrou poñer en perigo a vida do planeta.

Características

[editar | editar a fonte]

O argumento desta entrega contrasta coas anteriores ao desenvolverse nun contexto máis futurista e apoiarse máis no simbolismo e na psicoloxía dos personaxes para desenvolver a trama.

As principais diferenzas coas anteriores entregas baséanse na mellora tecnolóxica. Os personaxes están modelados en tres dimensións, os fondos dos escenarios están xerados mediante computador (en vez de estar elaborados a man) e numerosas secuencias de vídeo acompañan o desenvolvemento da historia. Por esta última razón principalmente, o xogo ocupaba tres CD-ROM, cantidade até entón reservada a películas interactivas.

A banda sonora, composta por Nobuo Uematsu, saíu á venda en catro CDs. Tamén saíu á venda o disco Reunion Tracks, que incluía as cancións máis populares da banda sonora, algunhas delas interpretadas por unha orquestra.

O sistema de combates é de corte bastante clásico e réxese por un sistema de quendas controladas por un tempo de combate activo, o que fai que o combate sexa máis dinámico que nas anteriores entregas. As habilidades dos personaxes poden ir evolucionando grazas á combinación de elementos máxicos chamados Materia ou da compra de novas armas.

Final Fantasy VII demostrou que se podía dotar un videoxogo cun altísimo orzamento e, malia todo, obter beneficios. O xogo gañou numerosos premios en feiras especializadas do sector (como o ECTS ou o TGS[Cómpre clarificar]) e na actualidade Square Enix decidiuse a publicar novas precuelas (Final Fantasy VII: Before Crisis), secuelas (Final Fantasy VII: Advent Children) e spins off (Dirge of Cerberus), que son parte do proxecto Compilation of Final Fantasy VII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]