Saltar ao contido

Final Fantasy: The Spirits Within

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Final Fantasy: The Spirits Within
Elliot Goldenthal Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
Final Fantasy: The Spirits Within (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Método de fabricación
 Cor
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
Chris Lee (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
2 de xullo de 2001
2001 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración102 min Editar o valor en Wikidata
Custo137000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación85100000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/02_qt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
44% Rotten Tomatoes (19 de xaneiro de 2025)
49/100 Metacritic (6 de decembro de 2024)
5.2/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0173840 Filmaffinity: 324913 Allocine: 26885 Rottentomatoes: m/final_fantasy_the_spirits_within Mojo: finalfantasy Allmovie: v246683 TCM: 451634 Metacritic: movie/final-fantasy-the-spirits-within TV.com: movies/final-fantasy-the-spirits-within Netlix: 60004472 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Final Fantasy: The Spirits Within é un filme de animación nipón-estadounidense dirixido por Hironobu Sakaguchi e Moto Sakakibara que se estreou no 2001. Filme baseado na saga de videoxogos xaponesa creada por Hironobu Sakaguchi Final Fantasy.

No ano 2065, trala chegada dun devastador meteorito, a Terra é invadida por uns alieníxenas de aparencia espectral. As cidades son arrasadas, xerando un estado de confusión e destrución en todo o planeta. Ante a imposibilidade de loitar contra estes seres, a escasa poboación terrestre decide atrincheirarse en cidades escudo mentres intentan buscar un xeito de sobrevivir. Pero o tempo esgótase.

Os habitantes do planeta debátense entre buscar novas formas de combater o ataque extraterrestre ou abandonar a Terra e aniquilala. Pero a doutora Aki Ross aférrase ós valores da condición humana confiando en que debe existir un futuro mellor para a Terra. Co obxectivo de entender e loitar directamente contra o inimigo, Aki decide infectarse cun virus alieníxena e así conseguir a clave que derrote a estes seres. A busca de Aki non será doada xa que o tempo non corre ó seu favor e conta coa oposición do Xeneral Hein que está decidido a esnaquizar ós aliens cunha arma mortífera que podería mesmo destruír a totalidade do planeta.

Mais a doutora Ross non está soa; dispón da axuda do eminente Doutor Sid e o escuadrón Deep Eyes, liderado por Gray Edwards. Todos xuntos intentarán salvar a Terra, mentres os plans do Xeneral Hein avanzan inexorablemente.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]