Saltar ao contido

Filostéfano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilostéfano
Biografía
Nacementodécada de 300 a. C. Editar o valor en Wikidata
Cirene, Libia Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor en Wikidata
PeríodoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata

Filostéfano (en latín Philostephanus, en grego antigo Φιλοστέφανος) foi un escritor grego de xeografía e historia que traballou en Alexandría, pero naceu en Cirene no século -III.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era amigo ou discípulo de Calímaco na época de Tolomeo II Filadelfo, arredor do ano -249. Algúns autores identifícano cun poeta cómico da Comedia antiga ou media que tiña o mesmo nome, pero non se sabe con certeza.

Escribiu, entre outras obras:

  • Περὶ παραδόξων ποταμω̂ν ("Perí paradóxon potamón" Sobre os ríos marabillosos), que aparece citado por Ateneo de Naucratis.
  • Περὶ τω̂ν ἐν τῃ̂ ̓Ασίᾳ πόλεων ("Perí ton en té Asía póleon" Sobre as cidades de Asia), citado por Elio Harpocración.
  • Περὶ νήσων ("Perí nesón" Sobre as illas), tamén mencionado por Harpocración.
  • Τὰ ἠπειρωτική (Tá Epeirotiká" Sobre o Epiro ), Harpocración.
  • Περὶ εὑρημάτων ("Perí heuremáton" Sobre os inventos ), do que fala Plinio o Vello.
  • Ὑπομνήματα ("Ypomnémata", Memorias históricas ), que quizais non era un título senón o tema, mencionado por Plutarco.

Clemente de Alexandría di que escribiu unha obra sobre Chipre, que quizais podería incluírse na obra Sobre as illas[1].

  1. 2.Philostephanus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 322.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Karl Wilhelm Ludwig Müller. Fragmenta historicorum Graecorum: vol. 3 . París: Firmin Didot, 1849, p. 28-34.