Saltar ao contido

Filomena Fraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilomena Fraga
Biografía
Nacemento1926 Editar o valor en Wikidata (98/99 anos)
Agrón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, labrega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX983359

Filomena Fraga, nada en Agrón (Ames) en 1926, é unha poeta e labrega galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa infancia apenas puido asistir á escola, mais aprendeu a ler e pasaba o tempo lendo a obra Áncora da salvación do xesuíta José Mach (1854), o único libro que había na súa casa.[2]

Con catorce anos os pais enviárona a traballar nunha casa na aldea do Portanxil, da que marchou logo de que lle negasen a reivindicación dun aumento de soldo por traballar o mesmo ca os homes. Marchou a Negreira, onde pasou a traballar, xa baixo mellores condicións, na casa do médico Manuel Negreira.[3][4]

Como membro do Colexio Familiar Rural de Negreira, en 1974 asistiu a unha xuntanza en Valladolid, onde denunciou a situación de atraso que vivía o rural galego. Fixéronlle unha entrevista no xornal El Norte de Castilla o 1 de decembro dese ano.[2][5] Militou no Sindicato Agrario Galego.[6]

En 1995 publicou a súa primeira obra, A Cancela, animada por Suso de Toro e costeando a primeira edición cos seus aforros.[7] O volume inclúe poesía e vivencias persoais.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Coñeceu o seu home nunha festa en Negreira. Estiveron casados 43 anos, nun matrimonio que ela describe como moi adiantado á súa época, ata a morte del a causa dunha enfermidade.[4] Tiveron cinco fillos, que participaron dos Colexios Familiares Rurais. Unha das súas fillas, Marga Lesta, faleceu en maio do 2012, e dedicoulle un poema.[9]

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Co gallo do 8 de marzo de 2018, o Concello de Ames homenaxeou a figura de Filomena Fraga.[10]

En xullo do 2019, no marco da celebración do Día da Patria Galega, foille entregada a medalla do Concello de Ames.[11]

  1. G. C. (2021-11-07). "Filomena Fraga, hija de la Galicia que se consagró como poeta". El Correo Gallego. Consultado o 2025-02-13. 
  2. 2,0 2,1 Gómez Limia, Rosa (2006-04-27). "Filomena Fraga: "Escribo en galego porque os meus pensamentos son todos en galego"". El Correo Gallego. Consultado o 2025-02-13. 
  3. Manteiga, Marcos (2021-11-12). "“Escribín moitas poesías aparte do libro... e aínda me encargan”". El Correo Gallego. Consultado o 2025-04-02. 
  4. 4,0 4,1 "Filomena Fraga, veciña de Ames". Lindeiros. 2014-07-12. Consultado o 2025-02-13. 
  5. ""La agricultura tiene que dejar de ser un medio de subsistencia para convertirse en un negocio"". El Norte de Castilla (en Castelán). 1974-12-01. p. 7. Consultado o 2025-02-13. 
  6. Ramírez, Cristóbal (2024-03-25). "Pepe Trillo". La Voz de Galicia. Consultado o 2025-02-13. 
  7. "Poesías dunha muller de aldea que traballou de criada de servir". El Correo Gallego. 2021-11-14. Consultado o 2025-04-15. 
  8. "Filomena Fraga presentará el sábado la reedición de su libro «A cancela» en el Pazo da Peregrina". La Voz de Galicia. 2006-06-28. Consultado o 2025-02-13. 
  9. "Poesía de Filomena Fraga adicada a súa filla, Marga Lesta". IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Consultado o 2025-02-13. 
  10. "O Concello homenaxea a poeta de Ames, Filomena Fraga, polo Día das Mulleres". Concello de Ames. 2018-03-09. Consultado o 2025-02-13. 
  11. "A Corporación municipal entrégalle a medalla do Concello de Ames a Filomena Fraga no acto de celebración do Día de Galicia". Concello de Ames. 2019-07-24. Consultado o 2025-04-02.