Filomedúsidos
| Filomedúsidos | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phyllomedusa burmeisteri | |||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
| Diversidade | |||||||||||
| 8 xéneros, 66 especies (Ver Taxonomía) | |||||||||||
Distribución das ras Phyllomedusidae en rosa, e outras familias de ras arborícolas: Hylidae e negro e Pelodryadidae en azul. | |||||||||||
Os filomedúsidos (Phyllomedusidae) son unha familia de ras que viven no Neotrópico (Suramérica). Anteriormente eran a miúdo consideradas como unha subfamilia (Phyllomedusinae) dentro das ras arborícolas Hylidae, pero cada vez máis son consideradas unha familia separada.[1]
Estas ras son consideradas un grupo irmán das ras arborícolas australianas (Pelodryadidae), unha familia de ras distribuída por Australia e Nova Guinea, a pesar de que ambos taxons están moi separados xeograficamente. O antepasado común de ambas as familias pénsase que viviu a principios do Cenozoico en Suramérica, onde as Phyllomedusidae aínda viven, e dúas familias diverxeron unha da outra durante o Eoceno. Os devanceiros de Pelodryadidae probablemente colonizaron Australasia desde Suramérica a través da Antártida, que naquel tempo non estaba aínda conxelada.[2] O clado que comprende as dúas familias (ou subfamilias) é irmán do das ras Hylidae, das cales diverxeron a principios do Paleoxeno.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia Phyllomedusidae contén os seguintes xéneros:
- Agalychnis (14 especies)
- Callimedusa (6 especies)
- Cruziohyla (3 especies)
- Hylomantis (dúas especies)
- Phasmahyla (8 especies)
- Phrynomedusa (5 especies vivas e outra máis extinta recentemente)
- Phyllomedusa (16 especies)
- Pithecopus (12 especies).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frost D. (2026-04-01). "Phyllomedusidae Günther, 1858". Amphibians of the World. American Museum of Natural History. Consultado o 2026-04-01.
- ↑ Duellman, William E.; Marion, Angela B.; Hedges, S. Blair (2016-04-19). "Phylogenetics, classification, and biogeography of the treefrogs (Amphibia: Anura: Arboranae)". Zootaxa (en inglés) 4104 (1): 1–109. ISSN 1175-5334. PMID 27394762. doi:10.11646/zootaxa.4104.1.1.
- ↑ Feng, Yan-Jie; Blackburn, David C.; Liang, Dan; Hillis, David M.; Wake, David B.; Cannatella, David C.; Zhang, Peng (2017-07-18). "Phylogenomics reveals rapid, simultaneous diversification of three major clades of Gondwanan frogs at the Cretaceous–Paleogene boundary". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 114 (29): E5864–E5870. Bibcode:2017PNAS..114E5864F. ISSN 0027-8424. PMC 5530686. PMID 28673970. doi:10.1073/pnas.1704632114.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Filomedúsidos |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filomedúsidos |
