Filme cinematográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un anaco de filme.

Un filme cinematográfico ou película cinematográfica (por veces abreviado como película ou filme), é calquera filme fotográfico que é empregado para a realización de filmes para cinema ou televisión. A súa principal característica específica, que o distingue dos filmes fotográficos comúns, é ser fabricado en rolos maiores, permitindo rodaxes máis longas.

Grandes fabricantes mundiais de filme son as industrias estadounidense Kodak e a xaponesa Fuji.

Hai diversos formatos de filme, en xeral definidos pola súa bitola (longo). Os formatos máis coñecidos para cinema son 35 mm, 16 mm e Super 8. Hai tamén distintos filmes para a rodaxe en branco e negro e en cores.

Elementos do filme[editar | editar a fonte]

Independentemente da bitola e do formato, o filme cinematográfico posúe catro elementos básicos:

  • Fotograma: é o espazo onde cada imaxe fixa se forma e é almacenada. Este espazo é de formato rectangular, en xeral na proporción 1.33 ou 4x3 (o que significa que a largura é 33% maior que a altura). A proxección destas imaxes en alta velocidade (dende 1927 a 24 por segundo) e en rexistro é o que produce ó ollo humano a ilusión de movemento.
  • Perforacións: son furados feitos na superficie do filme, en xeral dos dous lados do fotograma, e que serven para facilitar o transporte do filme, tanto na cámara como no proxector, mantendo as imaxes en rexistro unhas coas outras.
  • Pista de son: é o espazo para a información sonora, disposto transversalmente nun dos laterais do filme, entre o fotograma e as perfuracións. Pode ser constituído por unha ou máis pistas de son óptico (visíbeis como unha liña sinuosa negra "deseñada" ó lado do fotograma) ou de son magnético (tiras de memoria marrón constituídas de material magnetosensíbel).
  • Numeración de bordo: é unha serie de pequenos números impresos nun dos bordos do filme, secuencialmente e a intervalos regulares, para facilitar a montaxe do filme e súa posterior manipulación no laboratorio. Dende 1991, eses números son acompañados de código de barras, o que permite a súa lectura mecánica.