Fillo de Deus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hercules e Hidra

A expresión Fillo de Deus refírese a un título que foi outorgado ou adoptado por varias figuras históricas e mitolóxicas no decorrer do tempo, e que identifica alguén como unha figura cuxa ascendencia estaría directamente vinculada á existencia dunha divindade superior e, por tanto, estaría nunha condición de existencia máis destacada que os demais seres humanos, chamados de fillos do home.[1][2]

Tal coma un título nobiliario foi usado por algúns monarcas, a saber, Nimrod ou os emperadores romanos Octavio Augusto e Xulio César, os cales eran alcumados de divi filius. Con significado non moi distante do título nobiliario, así tamén eran chamadas algúns deuses que, segundo á súa mitoloxía, eran proxenie do ou dos principais deuses do panteón, por exemplo, Horus, que era o fillos dos deuses Osiris e Isis por medio dunha concepción inmaculada; Hércules, fillo de Zeus e Alcmena.[3][4]

No Occidente, malia a súa herdanza das culturas romana e helénica, sucede que as diversas manifestacións do cristianismo representan a maioría relixiosa e a expresión é remitida ó trato do Xesús de Nazaret, que é percibido como o fillo unixénito da divindade paterna, e nese aspecto o Xesús recibe tamén o tratamento de "fillo do home", sendo que esta última expresión é usada en sinonimia coa expresión "fillo de deus" e co concepto de mesías.[5][6]

O cristianismo, por causa do seu modo peculiar de tratar a figura de fillo de Deus coma que se fose o Mesías e por que tamén el formaría xunto co pai mailo Espírito Santo unha única deidade, afástase sobremaneira das súas orixes hebreas, pois, para o xudaísmo, a expresión ten sentido totalmente distinto e endexamais ten acollemento no mesmo sentido de ente unxido ou de figura asemellada ó Creador.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Horn, Friedrich Wilhelm; Strecker, Georg (2000). Theology of the New Testament (en inglés). Traducido por Eugene Boring. Berlin: Gruyter. p. 82. 
  2. Reis Chaves, José. "O Jesus Histórico e o Mítico" (en portugués). Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  3. "Horus Manure: Debunking the Jesus/Horus Connection" (en inglés). jonsorensen.net. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  4. "Os Doze Trabalhos de Hércules e a Evolução da Alma Visão Esotérica" (PDF) (en portugués). Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  5. "PREGARIA EUCARÍSTICA: ADVENTO E NADAL". Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  6. "No pisiño do Mesías". Galicia Digital. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  7. Barros, Carlos. "Xudeus e xudaizantes na historia de Galicia, séculos X-XXI". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 16 de marzo de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.