Filib Naxim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filip Naxim»)
Infotaula de personaFilib Naxim
Nome orixinal(ar) فليب نجم
(ar) فيليب نجم Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Bagdad, Iraq Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica caldea Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Lateranense
Pontificio Instituto Oriental
Pontificia Universidade Urbaniana Editar o valor em Wikidata

Filib Naxim[1] (en árabe: فليب نجم / فيليب نجم), nado en Bagdad (Iraq), é un eclesiástico católico caldeo, entre 2010 e 2018 administrador patriarcal do Cairo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bagdad o 26 de setembro de 1959.[2] En 1979 marchou a Roma, onde se graduou en 1984 en Filosofía e Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana, e onde no mesmo ano foi ordenado sacerdote por Xoán Paulo II na basílica de San Pedro.[2] Entre 1985 e 1990 exerceu como primeiro párroco dos caldeos no Reino Unido, e posteriormente volveu a Roma onde se graduou en Dereito canónico pola Pontificia Universidade Lateranense e se doutorou en Dereito canónico oriental polo Pontificio Instituto Oriental. En 1994 o patriarca Rafael I Bidawid nomeouno delegado patriarcal para os caldeos de Europa.[2] En 2000 foi nomeado procurador da Igrexa católica caldea en Roma, cargo que exerceu até 2014.[2]

O 11 de xuño de 2005 o papa Bieito XVI nomeouno visitador apostólico para os caldeos residentes en Europa;[2][3] exerceu este cargo até o nomeamento como visitador de Ramsi Karmu o 20 de xullo de 2013.[4]

En 2010, logo do pasamento do bispo Yusif Saraf, foi nomeado administrador patriarcal do Cairo.[4] Exerceu como administrador patriarcal até a súa renuncia o 27 de agosto de 2018, e foi sucedido por Bulus Sati.[5][6] En outubro de 2020 formaba parte do clero da eparquía de San Pedro Apóstolo,[7] e o 22 de setembro de 2022 foi nomeado vigairo xudicial e párroco da parroquia de San Xosé de Spring Valley por seis anos.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén aparece citado como Philip Najim.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Chaldean Media Center, ed. (2 de agosto de 2005). "مقابلة مع المونسينور فيليب نجم في كاليفورنيا" [Entrevista con Filip Naxim en California]. kaldaya.net (en árabe). El Cajón, California. Arquivado dende o orixinal o 4/04/2015. Consultado o 13 de maio de 2017. 
  3. Congregación para as Igrexas Orientais, ed. (2005). "Provviste" (PDF). Servizio Informazioni Chiese Orientali (en italiano) LX: 44–45. Il Santo Padre ha nominato in data 11 giugno 2005 il Corepiscopo Philip Najim, attuale Procuratore del Patriarcato Caldeo presso la Santa Sede e Visitatore Patriarcale per i Caldei in Europa, Visitatore Apostolico per i fedeli Caldei in Europa, senza carattere episcopale. 
  4. 4,0 4,1 "Monsignor Ramzi Garmou: Nuovo Visitatore Apostolico della Chiesa Caldea in Europa" [Monseñor Ramzi Garmou: Novo visitador apostólico da Igrexa caldea en Europa] (en italiano). 23 de xullo de 2013. Consultado o 1/12/2020. Monsignor Garmou, che mantiene la carica di Presidente della Conferenza Episcopale iraniana, sostituisce come Visitatore Apostolico in Europa il Corepiscopo Monsignor Philip Najim dal 2010 amministratore patriarcale della diocesi caldea del Cairo dopo la morte, avvenuta nel 2009, del suo vescovo titolare, Monsignor Yousif Sarraf. 
  5. "البطريرك ساكو يُعيِّن الأب بولس ساتي من رهبنة الفادي الاقدس مدبراً بطريركياً على أبرشية مصر الكلدانية" [O patriarca Saku nomea ao pai Bulus Sati da Orde do Santísimo Redentor como administrador patriarcal da diocese caldea de Exipto]. Chaldean Patriarchate of Babylon (saint-adday.com) (en árabe). 30 de agosto de 2018. Consultado o 1/12/2020. 
  6. Lafontaine, Christophe (31 de agosto de 2018). "Le diocèse chaldéen catholique en Egypte a un nouvel évêque" [A diocese católica caldea en Exipto ten un novo bispo]. Terresainte.net (en francés). Consultado o 1/12/2020. 
  7. "Clergy" (en inglés). 3 de outubro de 2020. Consultado o 08/01/2024. 
  8. "Assignments for the Eparchy of St Peter the Apostle" (en inglés). 22 de setembro de 2022. Consultado o 08/01/2024. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
'
 Visitador patriarcal para os caldeos de Europa 
1994 - 2005
Sucesor:
(visitador apostólico)
Predecesor:
'
 Procurador da Igrexa católica caldea ante a Santa Sé 
2001 - 2014
Sucesor:
'
Predecesor:
(visitador patriarcal)
 Visitador apostólico para os caldeos de Europa 
2005 - 2013
Sucesor:
Ramsi Karmu
Predecesor:
Yusif Saraf
(bispo)
 Administrador patriarcal do Cairo 
2010 - 2018
Sucesor:
Bulus Sati