Fileas de Atenas
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fileas.
| Biografía | |
|---|---|
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, xeógrafo |
Fileas (en latín: Phileas, en grego antigo: Φιλέας) foi un xeógrafo grego nado en Atenas, que posibelmente fose contemporáneo de Hecateo. A súa época é imposíbel de determinar, pero probabelmente escribiu nos inicios da literatura grega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É mencionado por Dicearco de Mesana e Rufo Festo Avieno, situándoo entre Helánico de Mitilene e Escílax de Halicarnaso. Macrobio chámao un escritor moi antigo (uetus scriptor). Fileas foi o autor dun "Periplo" (Periplus) mencionado especialmente por Estevo de Bizancio e outros escritores posteriores, que abarcaba a maior parte das costas coñecidas na época, dividido en dúas partes, unha para Europa e a outra para Asia[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1.Phileas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 262-263.