Fidel Varela Millán
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Ribadavia |
| Morte | maio de 1929 Ribadavia |
| 1913 – 1913 | |
| 1907 – 1908 | |
| 1907 – 1907 | |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
Fidel Varela Millán, nado en Esposende (Ribadavia) e finado no mesmo concello en maio de 1929, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Felipe Varela Rodríguez.[1] Estudou Dereito na Universidade Central. Foi o home de Gabino Bugallal en Ribadavia. Xuíz municipal de Ribadavia. Deputado provincial. Foi gobernador civil de Castelló (1907) e de Cáceres (1907-1909).[2] En 1913 foi nomeado gobernador civil de Murcia.[3] Finou en Ribadavia a principios de maio de 1929.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]- A súa irmá Julia Varela Millán, casada con Jesús García Espinosa, finou no Carballiño en setembro de 1891.[5]
- Casou con Lucila Formoso.[6]
- Casou en segundas nupcias en Ribadavia con Carmen Gómez o 22 de novembro de 1924.[7]