Ficheiro:Arcos, Ponteareas, Pena dos Namorados.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficheiro orixinal(3.872 × 2.592 píxeles; tamaño do ficheiro: 4,62 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Resumo

Descrición
Galego: A PENA DOS NAMORADOS OU O PENEDO DA PENA en Arcos, Ponteareas.

Aseguran os máis vellos da bisbarra que noutro tempo vivía no castelo do Sobroso Don Álvaro de Sarmiento, pai dunha fermosa rapaza en idade de namorar. Aldina, que así se chamaba, entregáralle o seu corazón a Tristán, un labrego da zona ou señor da fortaleza da Picaraña, segundo quen nolo conte. En calquera caso, amores furtivos e prohibidos por don Álvaro. Seica os amantes facían por se ver nos solpores nun lugar afastado de miradas indiscretas: A Pena dos Namorados.

Mais esas citas clandestinas chegaron a ouvidos de don Álvaro, que decide verificar o ruxerruxe. Disfrazado de mendigo vai seguindo as pegadas de Aldina até chegar ao lugar e comprobar cos seus propios ollos o que acontecía. Cheo de carraxe agarda agochado a que a súa filla marche e encárase co amante. Don Álvaro non atende a razóns e comezan a pelexar até que a súa espada atravesa o corazón namorado de Tristán. Despois arromba o seu corpo contra as silveiras e marcha.

Aldina, descoñecedora do suceso, segue a acudir á súa cita diaria na Pena dos Namorados, Por tres noites agarda a chegada de Tristán sen resultado. Entre bágoas, na terceira noite escoita as badaladas do mosteiro de Canedo e a figura fantasmal de Tristán aparece no lugar para lle explicar que o seu corpo foi achado por un veciño, que foi o seu pai, Don Álvaro, quen lle deu morte e que esas campás anuncian o seu enterro e que, en tres días máis, estarán xuntos para sempre.

Ao albor, cando Aldina chega ao castelo, crúzase co seu pai sen mediar palabra e péchase na torre da Homenaxe. Será a última vez que Don Álvaro a vexa con vida pois, entre saloucos, a vida váiselle escapando e morre ao terceiro día.

Seica desde entón, á Pena dos Namorados acoden mozos e mozas de toda a bisbarra a preguntar polo seu futuro amoroso seguindo o rito das tres pedras. Disque colocados de costas á pena e logo de recoller tres pedriñas do chan, deben tiralas por enriba do ombreiro. Se as tres pedras ficaren no alto da pena significa que casaremos no prazo dun ano. E hai quen engade que se só ficaren dúas pedras ese prazo se vai alongar até os dous anos; se só ficar unha pedra, a voda tardará aínda máis tempo; e se non ficar ningunha, o noso namoramento non terá futuro."

Manrique Fernández.

Consellaría do Medio Rural. Xunta de Galicia.

C.M.V.M.C. de Arcos (Ponteareas).
Data
Orixe

Arcos, Ponteareas, Pena dos Namorados

Autoría HombreDHojalata from Spain
Localización da cámara42° 10′ 39,86″ N, 8° 28′ 35,82″ O Kartographer map based on OpenStreetMap.Esta e outras imaxes na súa localización en: OpenStreetMapinfo

Licenza

w:gl:Creative Commons
recoñecemento compartir igual
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.
  • compartir igual – Se altera, transforma ou amplía este contido, debe publicar as súas contribucións baixo a mesma licenza ou outra compatible á orixinal.
A revisión desta imaxe, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo o administrador ou revisor File Upload Bot (Magnus Manske) o día March 27, 2011, e resolveu que nesa data estaba dispoñible no Flickr baixo a licenza citada enriba.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

42°10'39.86"N, 8°28'35.83"W

0.01666666666666666666 segundo

18 milímetro

a11d4c50e0e3198161139db14cfbdbdd4a6bda10

tamanho dos dados portugués

4.842.982 Byte

2.592 píxel

3.872 píxel

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual27 de marzo de 2011 ás 11:03Miniatura da versión ás 11:03 do 27 de marzo de 20113.872 × 2.592 (4,62 MB)File Upload Bot (Magnus Manske){{Information |Description="'''''A PENA DOS NAMORADOS OU O PENEDO DA PENA'''. Aseguran os máis vellos da bisbarra que noutro tempo vivía no [http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Sobroso castelo do Sobroso] Don Álvaro de Sarmiento, pai dunha fermosa

As seguintes 2 páxinas usan este ficheiro:

Uso global do ficheiro

Metadatos