Fiannamail ua Dúnchado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fiannamail de Dalriada")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fiannamail ua Dúnchado
Nacementoséculo VII
Falecemento700
NacionalidadeDalriada
Ocupaciónmonarca
FillosIndrechtach mac Fiannamail
editar datos en Wikidata ]

Fiannamail ua Dúnchado foi rei dos Escotos de Dalriada dende o ano 698 até o 700. Neto de Dúnchad mac Conaing e fillo de Conall Cael mac Dúnchad, falecido en Kintyre no ano 681.[1] Provén dunha póla dos Cenél nGabráin, quen entraron en combate contra os Cenél Loairn despois do asasinato de Eochaid mac Domangairt no 697, descendente directo de Domnall Brecc.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Toma o trono despois da expulsión de Ainbcellach mac Ferchair quen é enviado en cativerio a Irlanda. Os Anais de Úlster revélannos que foi asasinado dous anos despois, no 700[2] sen dúbida por Selbach mac Ferchair, irmán de Ainbcellach e que posteriormente sobe ao trono.

No 697, aparece como uno dos asinantes da Lex Innocentium, promulgada por San Adomnan.[3]

A súa familia estabelécese en Kintyre, xogando un papel importante na vida política da rexión durante corenta anos. Nesta familia aparece un tal Becc Ua Dúnchada quen puido ser o seu irmán e que será asasinado no 707. Tamén figura un aparente fillo, Dunchad Becc, rei de Kintyre quen venceu a Selbach mac Ferchair na batalla naval de Ard Nesbi, o 6 de setembro ou de outubro do 719[4] e que morrería no ano 721.[5][6]

Indrechtach, fillo de Fiannamail que non é recoñecido como rei de Dalriada nos Anais de Ulster, foi vencido na batalla de Druin Cathmail logo de falecer, no mesmo ano, o seu irmán Conall e "moitos máis" na cidadela de Forboros, en mans do rei picto Óengus I no 741.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anais de Ulster U681.3
  2. Anais de Ulster U700.4
  3. Anais de Ulster U697.3
  4. Anais de Ulster U719.7
  5. Anais de Ulster U707.1
  6. Anais de Ulster U721.1
  7. Anais de Ulster U741.10
  8. Anais de Ulster U741.6