Fedor Chispiiakov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Mejdurechensk, Rusia (pt) |
Morte | 1978 (71/72 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Unión Soviética |
Actividade | |
Ocupación | escritor , poeta , pedagogo |
Lingua | Língua shor (pt) |
Fedor Stepanovich Chispiiakov (en ruso: Фёдор Степанович Чиспияков), nado en Kosoy Porog en 1906 e finado en 1978, foi un escritor, tradutor e educador shor, considerado o fundador da literatura shor.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha pequena localidade, que se integrou na cidade de Mezhdurechensk pouco despois da súa formación, a mediados do século XX. Traballou como profesor na denominada, Montaña Shoria, no sur do distrito de Kemerovo, o país dos shor. Entre 1925 e 1931 anos estudou no Instituto dos Pobos do Norte de Leningrado, converténdose no primeiro shor en recibir educación superior.[2] Tras rematar fixo un curso de posgrao en Moscova, Volveu a Siberia e comezou a traballar en institucións educativas; do Distrito Nacional Gorno-Shorski, que existiu entre 1926-1939
O seu primeiro libro, unha colección de poemas, Шолбан publicouse en 1934. Na década de 1940 escribiu unha novela В долинах Мрас-су, as coleccións de relatos Чулеш e Таныш e outras obras. Traduciu ao shor varias obras da literatura rusa como Капитанскую дочку de Pushkin e foi autor de varios libros escolares.