Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand
Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand | |
---|---|
![]() | |
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1982, 1979 e 1988 |
País | Francia |
Na rede | |
http://clermont-filmfest.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand (francés: Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand) ou Clermont ISFF é o maior festival internacional de cinema adicado ás curtametraxes. Cada ano celébrase en Clermont-Ferrand (Francia), e é o segundo festival internacional de cinema máis grande de Francia, en canto a público e asistencia de profesionais, despois de Cannes, con máis de 160 000 asistentes e 3 500 profesionais ao ano.[1][2]
Historia[editar | editar a fonte]
En 1979, foi organizada unha Semana de Curtametraxes pola Sociedade de Cinema da Universidade Clermont-Ferrand. Este evento repetiuse en 1980 e 1981 e foi recibido con entusiasmo.
En 1982, o festival fíxose competitivo, cun xurado outorgando premios aos filmes seleccionados da produción máis recente de curtametraxes francesas. Os filmes internacionais amosáronse en programas especiais nos que destacaban un tema particular, xénero, país ou rexión do mundo. O público tamén asistiu a homenaxes aos grandes realizadores de curtametraxes do pasado e do presente.[3]
En 1986 organizouse o primeiro mercado de curtametraxes de Clemont-Ferrand, coa intención de elevar o perfil económico das curtametraxes. O mercado contén unha videoteca para compradores de televisión, distribuidores e programadores de festivais, franceses e estranxeiros, para que poidan ver todos os filmes en competición, así como os filmes fóra de competición que foron enviados para participar.[4]
O Festival[editar | editar a fonte]
Clermont foi durante 40 anos o maior festival de curtametraxes, o lugar de encontro esencial para espectadores, profesionais, mocidade e escolares. O público ten unha selección de 600 filmes en todas as seccións e as tres competicións (nacional, internacional e Lab).
O equipo de programación recibe cada ano máis de 7 000 curtas entre marzo e outubro, incluíndo 1 500 producións francesas.
Descubrimentos[editar | editar a fonte]
O festival revelou a moitos directores que logo lanzaron a súa carreira cinematográfica con éxito, por exemplo:
- Cédric Klapisch, gañador do premio especial do xurado en 1987 pon In Transit (o seu filme de graduación), e de novo o premio especial do xurado en 1990 por I am moving.
- Jean-Pierre Jeunet, gañador do premio do público e do premio da prensa en 1990 por Bullshit.
- Jan Kounen, premio de investigación en 1994 por Vibroboy.
- Erick Zonca, Grand Prix en 1995 por Eterno.
- A curtametraxe Logorama, que gañou o Oscar á mellor curtametraxe nos 82º Premios da academia das artes e das ciencias cinematográficas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2012. Consultado o 01 de agosto de 2020.
- ↑ "Copia arquivada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 2012-11-18.
- ↑ "Clermont ISFF | Festival du Court Métrage de Clermont-Ferrand | 29 Jan. > 6 Fév. 2021" (en francés). Consultado o 2020-08-01.
- ↑ "Copia arquivada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-11-18.