Festival Nacional do Cante e Baile Letón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival Nacional do Cante e Baile Letón. Edición de xullo de 2018

O Festival Nacional do Cante e Baile Letón é un dos eventos máis importantes da cultura letoa como compoñente principal da exaltación da identidade nacional. Conforma un evento multitudinario adicado ao cante e baile tradicionais do país e celébrase na súa capital, Riga, en edicións quinquenais desde 1873.

O Festival Nacional do Cante e Baile Letón, xunto cos seus homólogos lituano e estoniano, está incluído na lista de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco desde o ano 2008.[1]

Nas máis recentes edicións o número de participantes que actuaron simultaneamente na celebración do concerto final do festival superou os 30.000 artistas[2]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Recollendo a tradición de grandes festivais de coros que deu comezo en Alemaña, no ano 1861 inaugúrase o primeiro Festival Báltico da Canción en Riga. A partir dese momento a popularidade deses festivais decrece en Alemaña pero increméntase notabelmente nos Países Bálticos. Sempre asociados á defensa dos sentimentos nacionais en condicións de ocupación do territorio.

O Festival do Cante letón en Riga celébrase por primeira vez en 1873 cando o país aínda formaba parte do Imperio Ruso. Participan 1003 cantantes de 45 coros activos das cidades de Vidzeme e Kurzeme. Acompañábanos 30 músicos de orquestra. O festival xa celebraba a unión da nación letoa mostrando a súa pertenza aos ideais nacionais.

Xa no século XIX toman relevancia os populares coros rurais e das pequenas vilas, incrementando o número de participantes aos ensaios e ao concerto final.

O Festival chegou a converterse nun evento de masas adicado ao movemento coral, o cante multitudinario, representacións de baile tradicional, concertos de música instrumental, bandas de música e do son kokle (instrumento musical nacional).[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]