Festival Internacional de Curtametraxes de Kíiv
| Festival Internacional de Curtametraxes de Kíiv | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Tema principal
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
|
Mes do ano
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Festival Internacional de Curtametraxes de Kíiv (KISFF polas súas siglas en inglés) é un festival anual que se celebra en Kíiv, e o seu obxectivo é familiarizar ao público coas curtametraxes internacionais. No festival proxéctanse os filmes máis recentes, os gañadores de festivais internacionais, fanse retrospectivas de figuras extraordinarias e cunha atención especial ao cinema ucraíno moderno e clásico. KISFF tamén organiza proxectos e eventos para desenvolver a diversidade de curtametraxes en Ucraína.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]O traballo no Festival Internacional de Curtametraxes de Kíiv comezou en 2011 e celebrouse na primavera de 2012 por primeira vez. Dende entón, ten lugar anualmente baixo calquera circunstancia. O festival é unha organización independente, sen ánimo de lucro e non gobernamental, que ten como principal obxectivo a promoción de curtametraxes.[5]
A misión do festival é un intento de descubrir novas formas e métodos de produción cinematográfica en Ucraína e no estranxeiro, mediante o desenvolvemento de plataformas nacionais e internacionais para curtametraxes. O programa tamén inclúe outras proxeccións, clases e encontros.[6]
Xurado
[editar | editar a fonte]O xurado do festival é elixido pola administración do festival. Normalmente hai varios convidados estranxeiros e representantes do cinema de Ucraína. Os membros do xurado son destacados directores, produtores e cineastas que recibiron premios internacionais.[7] Segundo a normativa, os filmes cuxa lingua non sexa o ucraíno, o inglés ou o ruso deben ter subtítulos en inglés. Ao enviar o filme, a persoa é a única responsable do cumprimento de todos os dereitos necesarios.[8]
Premios
[editar | editar a fonte]O xurado do certame entrega os premios en tres categorías: mellor filme, mellor director e premio do público. Ademais, o xurado poderá outorgar unha "mención especial do Xurado".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kyiv to host first offline film festival since pandemic started | KyivPost - Ukraine's Global Voice". KyivPost. 2020-08-04. Consultado o 2021-02-24.
- ↑ "Kyiv International Short Film Festival". FilmFreeway (en inglés). Consultado o 2021-02-24.
- ↑ Українські учасники KISFF 2015
- ↑ The 4th Kyiv International Short Film Festival
- ↑ "History - KISFF". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2014. Consultado o 07 de marzo de 2023.
- ↑ "Mission". KISFF | Kyiv International Short Film Festival (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2020. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "JURY". KISFF | Kyiv International Short Film Festival (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 2021-02-24.
- ↑ "Regulations". KISFF | Kyiv International Short Film Festival (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2020. Consultado o 2021-03-05.