Festival Internacional de Cinema de Tokyo
| Festival Internacional de Cinema de Tokyo | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Nome orixinal
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Mes do ano
| |
| Implicados | |
|
Operador/a
| |
| Localización | |
|
Localización
| |
|
Coordenadas
| |
|
Sede
| |
|
País
| |
| Premios | |
|
Premios
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |

O Festival Internacional de Cinema de Tokyo (東京国際映画祭 Tōkyōkokusaieigasai?, TIFF) é un festival de cinema estabelecido na cidade xaponesa de Tokyo en 1985. O evento celebrouse cada dous anos dende 1985 até 1991, e dende 1991 celébrase anualmente. Xunto co Festival Internacional de Cinema de Shanghai, é un dos festivais de cinema competitivos de Asia, e o único festival xaponés acreditado pola FIAPF.[1][2]
Os galardóns outorgados durante o festival mudaron ao longo da súa existencia, mais o Grand Prix de Tokyo, concedido ao mellor filme, mantívose como o premio máis importante. Outros premios que foron concedidos de xeito regular son o Premio Especial do Xurado e os de mellor actor, actriz e director.[3]
Nos últimos anos, os eventos principais do festival véñense celebrando durante unha semana a finais de outubro en Roppongi Hills. Os eventos inclúen proxeccións ao aire libre, proxeccións con voces superpostas e aparicións dos actores, así como seminarios e simposios relacionados co mercado cinematográfico.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ International Federation of Film Producers Associations Arquivado 04 de xullo de 2017 en Wayback Machine..
- ↑ 2,0 2,1 "Tokyo International Film Festival - Outline". www.tiff-jp.net. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2021. Consultado o 01 de setembro de 2020.
- ↑ "Grand Prix Winners at the Tokyo International Film Festival". nippon.com (en inglés). 16 de novembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en xaponés) (en inglés)