Festas romanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O poeta romano Ovidio escribiu na madurez da súa vida un calendario poético chamado Fastos, onde describe as diversas festas romanas e as lendas relacionadas con cada unha delas. Escribiu un libro por cada mes do ano, dos que só se conservan os seis primeiros.

Os romanos chamaban feriae ás festas. A asistencia ás cerimonias era pública pero non obrigatoria. Interrompíase o comercio, o traballo e os procesamentos, ademais de que se debían evitar as pendencias e as pelexas de particulares. Os escravos efectuaban os seus labores e tamén algúns animais, con excepción dos equinos.

As festas tiñan polo xeral un carácter relixioso (o historiador grego Polibio di que os romanos eran máis relixiosos que os mesmos deuses). Organizábanse tumultuosas procesións nas que os protagonistas levaban máscaras que representaban aos xenios da Terra e a fecundidade. Crese que estes cortexos deron orixe ás representacións de teatro. Algunhas destas manifestacións foron prohibidas polo Senado Romano a partir do ano -186, como ocorreu coas Bacanais, pero as seitas místicas e o pobo seguiu gardando a tradición até ben entrada a época imperial.

Feriae latinae, era unha festa anual, que se celebraba no monte Albano. Era móbil e a data fixábana cada ano os cónsules entrantes, durante a reunión que o Senado convocaba no templo de Xúpiter Óptimo Máximo. O deus festexado era Iuppiter Latiaris.

Intervén a administración[editar | editar a fonte]

Coas remesas de trigo que chegaban das provincias sometidas, enviadas polos procónsules ou ofrecidas voluntariamente para obter favores, os edís curuis puideron efectuar desde mediados do século II a subministración de gran a prezos ínfimos. Os maxistrados prometían máis xogos e festividades para ser elixidos e creáronse novas festas, entre elas a festa de Ceres, protectora do Pobo (chamada festa Cerealia, en abril, establecida cara ao -220), os Xogos Plebeos (desde o -216), a festa de Apolo (Ludi Apollinares, desde o -212), a festa da Gran Nai Frixia (Magna Mater Idaea, desde o -204). No ano -173 creouse unha festa menor, os Xogos Florais ou Floralia (Ludi Florenses).

Os maxistrados que se encargaban da organización dos xogos debían pagalos do seu peculio. Correspondían aos Edís Curuis os antigos xogos de Roma (Ludi maximi), os Xogos da Nai das Deusas ou Magna Mater (Ludi Megalenses ou Megalensia) e os Xogos Florais. Aos edís plebeos correspondían os Xogos Plebeos e as Cerealia. Ao pretor da cidade os Xogos Apolinarios.

Para rivalizar entre si os maxistrados elevaron os gastos dos xogos a grandes sumas, coa esperanza de asegurarse a súa elección como cónsules.

Para obter o voto foise impondo un agasallo voluntario, consistente nun combate de gladiadores, pago do peto particular do aspirante (Manus). Un combate de gladiadores custaba 720 000 sestercios como mínimo, e isto era a medida da capacidade do aspirante fronte ao pobo.

Principais festas relixiosas romanas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]