Feira do viño do Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recinto Feira do Viño, Alameda

A feira do viño do Ribeiro é unha festa gastronómica[1] centrada no viño do Ribeiro que se celebra en Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional. Celébrase desde 1963, e ten lugar no recinto da Alameda, fronte ó castelo de Ribadavia.

Características[editar | editar a fonte]

Bus turístico Feira do viño do Ribeiro.
Cartel 56 edición Feira do Viño de Ribadavia, 2019.

O 15 de setembro de 1963 celebrouse en Leiro a I Fiesta de la Vendimia en el Ribero del Avia,[2] con cartel deseñado por Pedro Ruiz Bofill.[3]

A feira consiste nunha exposición das diferentes adegas e empresas agrícolas. Xunto a estas celébranse concursos, catas, degustacións, actividades musicais e folclóricas.[4] Ademais en Ribadavia, no instituto Abrente, cúrsase o ciclo de aceites e viños, participativos nesta actividade. No 2017 participaron con viño e aceite propio. A etiqueta foi realizada polos alumnos e alumnas de secundaria do instituto IES o Ribeiro e escollida polo claustro do profesorado.

Cada ano faise un concurso de carteis para elixir a imaxe de representación para a edición.[5] Para levar a cabo iso establécese un tema para inspirar á participación de deseñadores e artistas coa condición de que a obra sexa inédita. O gañador ou gañadora recibe un premio económico e a obra pasa a ser propiedade do consello regulador da denominación de orixe. Os carteis finalistas son expostos posteriormente no local social da Madalena en Ribadavia. O xurado son persoas dentro do mundo da arte e do deseño, o Presidente do Consello Regulador e o alcalde de Ribadavia, ou a persoa na que delegue.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Feira do viño do Ribeiro". Vino D.O. Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22. 
  2. "Leiro celebró la I I Fiesta de la Vendimia del Ribero del Avia". La Región. 17 de setembro de 1963. p. 10-12. 
  3. "I Fiesta de la Vendimia en el Ribero del Avia : Leiro 1963". Galiciana. 
  4. "Páxina web da Feira do viño do Ribeiro | 2017 - 56ª Edición". Feira do viño do Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22. 
  5. "LVI Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2019-04-22. 
  6. vinetur.com. "Vinetur - La revista digital del vino". www.vinetur.com (en castelán). Consultado o 2019-04-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • "Feira do viño do Ribeiro". Vino D.O. Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
  • Redacción (2013-06-01). "Ribadavia, una lección de historia". Cepas y Vinos (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
  • "LII Feira do Viño do Ribeiro y su Historia". La Galleta Molona (en castelán). 2015-04-28. Consultado o 2019-04-22.
  • "Paxina web da Feira do viño do Ribeiro | 2017 - 56ª Edición". Feira do viño do Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
  • "LVI Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2019-04-22.
  • vinetur.com. "Vinetur - La revista digital del vino". www.vinetur.com (en castelán). Consultado o 2019-04-22.