FesTVal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O FesTVal ou Festival de Televisión e Radio de Vitoria-Gasteiz é un festival anual de televisión e radio que ten lugar na cidade vasca de Vitoria, en España. O festival, iniciativa da Asociación Cultural Fila 2, comezou en 2009 e celébrase a primeira semana de setembro.

É o primeiro festival que se dedica exclusivamente á televisión e á radio en todos os seus formatos. Está pensado para o gran público, para que o espectador goce da televisión e radio en directo e coñeza persoalmente aos seus protagonistas. Estréanse as series e os novos programas da tempada, e hai encontros culturais con destacados profesionais dos medios, ademais de emisións e actuacións en directo. Fanse homexanes e prémiase aos diferentes programas e profesionais, coa participación de todas as cadeas principais e cos diferentes artistas de interese. Euskal Irrati Telebista, o ente de radio e televisión vasco, exerce o papel de anfitrioa do evento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]