Fervenzas do Nilo Azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 11°29′26″N 37°35′16″L / 11.4905, 37.5878

Fervenzas do Nilo Azul.

As fervenzas do Nilo Azul (en amhárico: Tis Abay; que quere dicir "auga fumegante") son unhas fervenzas que se atopan no río Nilo Azul, en Etiopía. Atópase no curso alto do río, a uns 30 km da vila de Bahir Dar e do lago Tana. As fervenzas son unha das atraccións turísticas máis coñecidas de Etiopía.

Atópanse a unha altura de 37 a 45 metros, constan de catro correntes de auga que orixinalmente na estación chuviosa chegaban a facer 400 metros de ancho pero con moi pouca auga na estación seca. A regulación do lago Tana reduce a variación estacional e dende o ano 2003 unha central hidroeléctrica recolle gran parte do seu caudal, agás durante a estación chuviosa.[1] As fervenzas do Nilo Azul illan a ecoloxía do lago Tana do resto do río Nilo e danlle endemismos á fauna do lago.[2]

A curta distancia augas abaixo das fervenzas construíuse a primeira ponte de pedra de Etiopía por parte do Emperador Susenyos no ano 1626. Segundo Manuel de Almeida, a pedra de construción atopouse no afluente Alata, e os expertos construtores proviñan da India con Afonso Mendes, sendo o supervisor das obras o Patriarca Ortodoxo de Etiopía.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matt Philips and Jean-Bernard Carillet, Ethiopia and Eritrea, third edition (n.p.: Lonely Planet, 2006), p. 118
  2. "526: Lake Tana" Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Freshwater ecosystems of the world website (consultado o 11 de novembro de 2009)
  3. C.F. Beckingham and G.W.B. Huntingford, Some Records of Ethiopia, 1593-1646 (Londres: Hakluyt Society, 1954), pp. 26f

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]