Fervenzas de Loufoulakari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°34′59″S 15°00′22″L / -4.5830555555556, 15.006111111111 As fervenzas de Loufoulakari (en francés: Chutes de Loufoulakari) son unhas fervenzas que se atopan a 75 quilómetros ó suroeste de Brazzaville, na República do Congo, na confluencia dos ríos Loufoulakari e Congo.

Clima[editar | editar a fonte]

A temperatura media anual na rexión é de 22 °C. O mes máis caloroso é setembro, cunha temperatura media de 24 °C, e o mes máis frío é xullo, con 20 °C. A media anual de precipitacións é de 1.672 milímetros. O mes máis húmido é novembro, cunha media de 285 milímetros de precipitación, e o mes máis seco xuño, con 1 milímetro de precipitación.

Localización[editar | editar a fonte]

As fervenzas de Loufoulakari atópanse no departamento de Pool, preto da cidade de Kimpandzou, no distrito de Boko.[1]

Dende Nganga Lingolo pola ruta nacional 2, hai que seguir a dirección a Linzolo. A estrada leva a Mbandza-Ndounga (km 53), despois a Kimpandzou (km 63). Dende alí, unha pista leva ás fervenzas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis Brown 242 TV (2018-09-09). "Les chutes de la Loufoulakari | République du Congo – Afrique Centrale". Consultado o 2018-11-15. 
  2. "KINKALA/ LINZOLO - OPIT". OPIT (en francés). 2017-06-20. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-15.