Fervenza do Belelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fervenza do río Belelle»)

Coordenadas: 43°28′55″N 8°07′16″O / 43.481826636329, -8.1212224181162

Vista da fervenza.
Vista da fervenza.

A fervenza do Belelle é unha das grandes fervenzas de Galiza, no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da aldea do Roxal.

Descrición[editar | editar a fonte]

A auga precipítase nunha parede granítica dende 45 metros de altura, sendo unha das maiores de Galiza. Na base da fervenza existen pozas naturais.

A contorna é de gran beleza e alto valor ecolóxico e paisaxístico. Arrodéase de fragas e castañais.

Preto áchase unha central hidroeléctrica, polo que parte do ría conta cunha canle de auga. A central foi construída a comezos do século XX para dotar de electricidade á achegada cidade de Ferrol. Como o salto natural só tiña 45 metros de altura construíuse unha cal até o Monte Marraxón, onde se acadaban os 125 metros de caída actual. A central aínda opera na actualidade.

A fervenza é unha das máis espectaculares de Galiza. O río ten caudal todo o ano, mais no outono e no inverno aumenta, sendo a mellor época para ollar o abanqueiro. Nos arredores da fervenza existen algunha rutas de sendeirismo.

Situación[editar | editar a fonte]

Atópase preto da aldea do Roxal, en Neda. Dende O Roxal cóllese unha estrada estreita até a central hidroeléctrica. Dende aló cómpre ir a pé uns metros até chegarmos á freixa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]