Ferroaliaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferromanganeso carburado (C < 7,5 %), unha fonte de manganeso que se pode obter nun alto forno especializado.
Ferrosilicio, produto tipico dos fornos eléctricos.

Ferroalixe ou ferroliga é o nome de variss aliaxes que conteñen ferro e outro metal, como níquel, cromo e outros elementos (como o silicio ou o carbono) en diversas proporcións. Estas aliaxes presentan propiedades superiores ás dos aceiros normais e, por iso, poden soportar requirimentos mecánicos e corrosivos extremos.

Úsanse durante os procesos de fabricación dos aceiros especiais. Cando o aceiro se encontra en estado líquido, adiciónanse as ferroaliaxes para mudar a composición do aceiro e dar unha característica especial a este.

As ferroaliaxes máis comúns son o ferromanganeso, o ferrosilicio e o ferrocromo. Cada elemento dá unha propiedade especial ao aceiro como o aumento da súa dureza, resistencia á corrosión, maior maleabilidade, etc.

Produción e utilización[editar | editar a fonte]

Ferrofósforo, utilizado como aliaxe en siderurxia.
Ferrocromo.

Unha ferroaliaxe parécese máis a unha materia prima que a un produto acabado ou semiacabado. Xeralmente é un produto secundario da produción de metais non ferrosos; a súa pureza e a súa riqueza neste metal depende esencialmente do proceso de fabricación (xeralmente nun forno de arco eléctrico, pero tamén ás veces nun alto forno ou nun proceso de redución directa.[1][2]

É de notar, a este respecto, que en 2004 o número de fornos rotatorios de redución directa operativos no Xapón era: en Hyuga: 2; en Pamco 3; en Nippon Yakin (en Oheyama): 2.

Os fornos de Nippon Yakin foron construídos en 1939 e son os únicos que non están asociados a un forno eléctrico de fusión.[3]

As ferroaliaxes comercialízanse como 'ingredientes' para a obtención de aliaxes na siderurxia.

Utilízanse nas acerías, onde o seu contido en ferro confírelle a densiade necesaria para estar mergullado no aceiro líquido.

As súas cualidades son coidadosamente seleccionadas en función do contido en metais non ferrosos, das impurezas que o produto final pode tolerar, así como o seu custo.

Principais aplicacións[editar | editar a fonte]

  • Industria automobilística;
  • Industrias eléctria e electrónica;
  • Intrumentos hospitalarios;
  • Induistrias química e petroquímica.

Ferroaliaxes comúns[editar | editar a fonte]

Outras ferroaliaxes menos correntes[editar | editar a fonte]

Produción mundial[editar | editar a fonte]

Por tipo de ferroaliaxe[editar | editar a fonte]

Produción mondial de ferroaliaxes en 2008, en miles de toneladas.[4]
Obtención en Alto forno Obtención en Forno de arco eléctrico
Ferromanganeso 728 4 970
Spiegeleisen 12
Ferrocromo 7 840
Ferrocromosilicio 161
Ferroníquel 1 670
Ferroniobio 86,4
Ferrosilicio 7 320
Ferrosilicomanganeso 7 460
"Silicio metal"[5] 609
Outras ferroaliaxes[6] 53,5 5 210
Total 794 35 300

Por procedemento[editar | editar a fonte]

Evolución da produción mundial de ferroaliaxes, por procedemento.
En rosa: ferroaliaxes producidas en forno eléctrico.
En azul: ferroaliaxes produicidas en Alto forno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Como e procseo Krupp-Renn, utiliado no Xapón para a produción de ferroníquel.
  2. Kudo, Akira (1998). Japanese-German Business Relations: Co-operation and Rivalry in the Interwar. Routledge. pp. 89-108. ISBN 978-0415149716. 
  3. : Ashok D. Dalvi; W. Gordon , Bacon & Robert C. Osborne (2004): "The Past and the Future of Nickel Laterites". Inco Limited Ver en PDF Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
  4. Lisa A. Corathers, Joseph Gambogi, Peter H. Kuck, John F. Papp, Désirée E. Polyak & Kim B. Shedd (2010). "2008 Minerals Yearbook - Ferroalloys" (PDF). United States Geological Survey. 
  5. É dicir, un ferrosilicio moi puro, e non silicio metálico. Encóntrase este apelativo nos ferromanganesos.
  6. Entre elas, ferrósforo, ferromolibdeno, ferrovanadio, ferroboro, ferrotitanio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]