Ferrero Rocher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Ferrero Rocher son bombóns de chocolate con abelás da empresa italiana Ferrero. Teñen forma esférica e unha envoltura de papel dourado. Preséntanse sobre unha bandexa de plástico, nun cofre de plástico envolto nunha lámina de plástico transparente. Están á venda desde 1982.[1]

Composición[editar | editar a fonte]

O 30 por cento do bombón componse de chocolate con leite elaborado, azucre, manteiga de cacao, pasta de cacao, leite desnatado en po, manteiga concentrada e emulxentes (lecitinas de soia e vainillina). Ten tamén un 28,5% de abelás.[1]

Ferrero Rocher capa a capa.

Publicidade[editar | editar a fonte]

Os primeiros anuncios en España protagonizounos Isabel Preysler: preséntanse na súa casa uns amigos que veñen de paseo e sempre ten unha bandexa pequena cos bombóns dispostos en forma piramidal.[2]

Despois Paloma Cuevas foi imaxe dos bombóns.[2] A partir de 2010 a modelo Judit Mascó foi a elixida para protagonizar a campaña na que se segue utilizando a frase "Ferrero Rocher, la expresión del buen gusto".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Ferrero Rocher». ferrero.es.
  2. 2,0 2,1 "Isabel Preysler no se jubila como imagen anunciadora". Tiempo de Hoy. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2015. Consultado o 01 de xaneiro de 2017.