Ferreiravella, Riotorto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°18′8.9″N 7°16′18.5″O / 43.302472, -7.271806

Ferreiravella
ConcelloRiotorto
Poboación87 hab. (2011)
Entidades de poboación6

San Xillao de Ferreiravella é unha parroquia do concello de Riotorto, diocese de Mondoñedo. Segundo o IGE en 2011 tiña 87 habitantes (36 homes e 51 mulleres) distribuídos nos barrios de Ferreira, Soutelo, O Mazo, A Granxa, As Chairas e O Rego de Baixo. Ferreira comprende os lugares da Ribadiña e do Pouxaneiro. Soutelo comprende Soutelo de Riba e Soutelo de Baixo.

Está situada a 5 km das Rodrigas, seguindo a estrada local que comunica a capital do concello co Marco Baixo (A Pastoriza). Limita ó norte coas parroquias de Espasande de Baixo, ó sur coa Órrea, ó leste con Xudán (parroquia do concello da Pontenova) e ó oeste con Aldurfe. Ocupa unha extensión de 5,59 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

As terras da parroquia de Ferreiravella están regadas polo río do mesmo nome, que corre dende o nacemento no Marco ata chegar á confluencia co río Torto, afluente do río Eo. Nos seus 7 km recibe as augas de varios regos, entre eles o do Roldín, o das Chairas e o da Casanova. Noutro tempo o seu caudal movía numerosas moas, muíños e tres mazos.

O relevo é montañoso, cun val estreito formado polo río que corre entre dous cordais. Salvo O Mazo, que se encontra no fondo do val, o resto das entidades poboacionais que o compoñen sitúanse nas lombas dos pronunciados montes que configuran o curso do río. As Toxeiras ó leste, o Corno e As Leivas ó oeste e as Penas do Vilar ó sur constitúen as maiores elevacións a unha altitude de entre 550 e 650 metros.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ferreiravella[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ferreiravella no concello de Riotorto (Lugo)

As Chairas | A Granxa | O Mazo | O Pouxaneiro | A Ribadiña | Soutelo

Parroquias de Riotorto[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Riotorto

Aldurfe (San Pedro) | Espasande de Baixo (Santa María) | Ferreiravella (San Xillao) | Galegos (Santa María) | A Muxueira (San Lourenzo) | A Órrea (Santa Comba) | Riotorto (San Pedro) | Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]