Ferredoxina-NAD+ redutase
Ferredoxina-NAD+ redutase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.18.1.3 | ||||||||
Número CAS | 39369-37-4 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
En encimoloxía, unha ferredoxina–NAD+ redutase (EC 1.18.1.3) é un encima que cataliza a seguinte reacción química:[1]
- ferredoxina reducida + NAD+ ferredoxina oxidada + NADH + H+
Así, os dous substratos deste encima son a ferredoxina reducida e o NAD+, mentres que os seus tres produtos son a ferredoxina oxidada, o NADH e o H+. Este encima participa no metabolismo dos ácidos graxos.
Ese encima pertence á familia das oxidorredutases, concretamente ás que actúan sobre proteínas de ferro-xofre como doantes e co NAD+ ou o NADP+ como aceptor.
O nome sistemático deste encima é ferredoxina:NAD+ oxidorredutase. Utilízanse diversos nomes para el de uso común:[2]
- ferredoxina–dinucleótido de nicotinamida e adenina redutase
- ferredoxina redutase
- NAD+-ferredoxina redutase
- ferredoxina–NAD+ redutase
- ferredoxina–ligada a NAD+ redutase
- ferredoxina–NAD redutase
Cando a molécula de NAD+ está na sua forma reducida (NADH), o encima denomínase:
- NADH-ferredoxina oxidorredutase
- dinucleótido de nicotinamida e adenina reducido-ferredoxina redutase
- NADH-ferredoxina redutase
- NADH flavodoxina oxidorredutase
- NADH2-ferredoxina oxidorredutase
Outros encimas da familia son:
- NADH-ferredoxina NAP redutase (compoñente do sistema encimático multicompoñentes da naftaleno dioxixenase)
- NADH-ferredoxina TOL redutase (compoñente da tolueno dioxixenase)
Estes encimas son moi importantes no metabolismo dalgúns Clostridium.[3][4]
Estudos estruturais
[editar | editar a fonte]En 2007, só se resolvera unha estrutura desta clase de encimas, co código PDB de acceso PDB 1KRH.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BRENDA Information on EC 1.18.1.3 - ferredoxin-NAD+ reductase
- ↑ KEGG ENZYME: 1.18.1.3
- ↑ Jungermann K, Thauer RK, Leimenstoll G, Decker K (1973). "Function of reduced pyridine nucleotide-ferredoxin oxidoreductases in saccharolytic Clostridia". Biochim. Biophys. Acta 305 (2): 268–80. PMID 4147457. doi:10.1016/0005-2728(73)90175-8.
- ↑ Petitdemange, H., Bellanger, M., Lambert, D., & Gay, R. (1971). Importance de l'activité NAD-ferrédoxine réductasique chez les Clostridia du groupe des butyriques [Importance of the NAD-ferredoxin reductase activity in Clostridia of the butyric group]. Comptes rendus hebdomadaires des seances de l'Academie des sciences. Serie D: Sciences naturelles, 273(11), 985–988.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|