Ferrari 342 America

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari 342 America
Ferrari
Información
País Italia Italia
Fabricante Ferrari
Produción 1952-1953 6 unidades
Sucesor
Carrozaría
Motor V12 de 60 graos de 4101 cc e 24 válvulas en posición dianteira
Potencia 200 HP a 5000 rpm
Longo 4.318 mm
Largo
Alto
Peso 1.200 kg
Tracción Traseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades
Suspensión Independente dianteira e traseira de follas semielípticas
Freos Tambor nas 4 rodas
Prestacións 186 km/h
Pneumáticos Aros de 15”
Outros datos Ideado para o mercado norteamericano
[1]

O Ferrari 342 America é un automóbil deportivo fabricado por Ferrari para o mercado estadounidense.

Historia[editar | editar a fonte]

Para fins do ano 1952 o éxito de Ferrari espertou nos EUA o interese polos pequenos autos deportivos europeos de alto rendemento. Aínda que previamente se fabricara o Ferrari 340 America, o obxectivo deste foran as carreiras deportivas, e non a venda ao público. A repercusión fixo que Ferrari aproveitase o momento de expansión e crease un novo auto o Ferrari 342 America para o novo mercado estadounidense.

Para estes clientes, Ferrari concibiu un vehículo que debería ter maior habitabilidade no seu interior e máis practicidade, en definitiva, un deportivo para o seu uso en estrada. Porén, foi un dos fracasos de Ferrari o auto era malo en manobrabilidade e cun deseño forzado, polo que a produción do 342 America durou moi pouco. Entre fins de 1952 e inicios de 1953 fabricáronse tan só 6 autos, 3 foron coupe e 3 convertibles. O carroceiro Vignale construíu un cabriolet, os outros 5 foron fabricados por Pininfarina.

Un indicio do mal que resultou este modelo foi que Ferrari nunca o presentou oficialmente ao público. Simplemente vendérono en canto estiveron fabricados e con compradores decididos. E máis curioso aínda, só un exemplar do 342 America foi vendido a un cliente nos Estados Unidos.