Fernando Villamarín Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Villamarín Rodríguez
Fernando Villamarín Rodríguez 1917.jpg
Falecemento16 de xaneiro de 1957
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Fernando Villamarín Rodríguez, finado en Vigo o 16 de xaneiro de 1957[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado en Vigo, foi Xuíz municipal de Gondomar (1909)[2]. Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui en 1917. En 1932 foi un dos fundadores e primeiro presidente da Asociación Profesional e despois Colexio Oficial de Avogados de Vigo. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933.

Fernando Villamarín, Vida Gallega, 1934.

Casou con Sara Bobillo Soutelo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-1-1957, p. 9.
  2. La Correspondencia Gallega, 8-11-1909, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]