Fernando Ramos Cerviño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1884 Ourense, España |
Morte | febreiro de 1973 (88/89 anos) Ourense, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
28 de febreiro de 1936 – 2 de abril de 1936 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Republicano Radical 7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Fernando Ramos Cerviño, nado en Ourense o 24 de febreiro de 1884 e finado na mesma cidade a finais de febreiro de 1973,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do Partido Liberal do sector romanonista, co que foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1919. Durante a Segunda República militou no Partido Republicano Radical, co que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933, pero en 1935 abandonou o partido xunto a Basilio Álvarez. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse polo Partido de Centro e foi elixido, aínda que a súa acta foi anulada, causando baixa o 2 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu represión económica. Despois da guerra civil foi decano do Colexio de Avogados de Ourense dende 1951.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amparo Gutiérrez Hernández en 1917.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 27-2-1973, p. 16.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 20-9-1917, p. 2.