Fernando Quiñones de León
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de decembro de 1858 París, Francia |
Morte | xaneiro de 1937 (78 anos) Exipto |
Actividade | |
Ocupación | historiador, diplomático |
Outro | |
Título | Marqués |
Fillos | Antonia Maria Quiñones de Léon y Bañuelos, 4.Marquesa de San Carlos |
Pais | Cayo Quiñones de León Santalla e Doña Ana de Francisco-Martin, 1.Marquésa de San Carlos |
Fernando Juan José Quiñones de León de Francisco-Martín, marqués de Alcedo, nado en París o 27 de decembro de 1858 e finado en Exipto en xaneiro de 1937, foi un diplomático e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Cayo Quiñones de León Santalla. Levou o título de marqués de Alcedo dende 1891. Político conservador. Diplomático, foi agregado diplomático en Roma (1883) e un ano despois secretario da embaixada. En 1884 destinárono como secretario de segunda clase á embaixada de Atenas, de onde pasou a Lisboa (1888), Bucarest (1889), A Haia (1890) e Estocolmo (1892-1894). Ascendido a secretario de primeira, en 1919 formou parte da delegación española en Constantinopla. Residiu entre Roma e Biarritz. Herdou o pazo de Castrelos do seu fillo Fernando Quiñones de León Elduayen, finado en 1918. Cedeu o pazo á cidade de Vigo o 12 de decembro de 1924. Por este xesto, a petición das institucións de Vigo, o rei concedéulle o título de grande de España.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado fillo adoptivo de Vigo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1883 con María de los Milagos Elduayen Martínez, marquesa de Valladares, filla de José Elduayen Gorriti, e foi pai de Fernando Quiñones de León Elduayen. Casou en segundas nupcias en 1891 con Antonia Bañuelos Thorndike, condesa de Bañuelos, e foi pai de Antonia e Isabel Quiñones de León Bañuelos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Provincia, 8-3-1925, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 22–23. ISBN 978-84-8457-448-4.