Fernando Martín Carreras
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 27 de agosto de 1981 Valencia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 26 de decembro de 2025 Labuan Bajo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Causa da morte | morte accidental, naufraxio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,84 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cronoloxía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 26 de decembro de 2025 | sinking of the KM Putri Sakinah (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fernando Martín Carreras, nado en Valencia o 27 de agosto de 1981 e finado en Padar (Indonesia) o 27 de decembro de 2025, foi un futbolista e adestrador valenciano. Xogaba na posición de defensa.
Traxectoria como xogador
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira no Pego e no Eldense. Tras dúas tempadas no Benidorm de Segunda División B, o 30 de xullo de 2007 fichou pola Cultural y Deportiva Leonesa.[1] En xullo de 2008 asinou polo Alcoyano, equipo no que foi nomeado capitán e que axudou a ascender á Segunda División en 2011.[2] Tras o descenso do club ao finalizar a Segunda División 2011/12, Martín fichou polo Cartagena e posteriormente polo Ontinyent.[3] En 2014 asinou polo Club de Fútbol La Nucía e finalmente xogou no Paterna, equipo no que se retirou en 2016.
Traxectoria como adestrador
[editar | editar a fonte]Tras retirarse como xogador profesional, Fernando Martín traballou durante nove anos como adestrador das categorías inferiores do Valencia Féminas CF.[4] No ano 2025 foi nomeado adestrador do filial do club valenciano na Terceira Federación Feminina.[5]
Falecemento
[editar | editar a fonte]Fernando Martín faleceu o 27 de decembro de 2025, tras naufragar o barco no que viaxaba nas costas da illa indonesia de Padar. No mesmo accidente finaron tres dos seus fillos, mentes que a súa esposa e outra filla sobreviviron.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El desaparecido en Indonesia Fernando Martín jugó en la Cultural Leonesa" (en castelán). Diario de León. 27 de decembro de 2025. Consultado o 27 de decembro de 2025.
- ↑ "Mor l'exalcoyanista Fernando Martín en un naufragi a Indonèsia" (en catalán). ARA Multimédia. 27 de decembro de 2025. Consultado o 27 de decembro de 2025.
- ↑ "El cásting del '9' ha terminado" (en castelán). La Verdad. 17 de xullo de 2014. Consultado o 29 decembro de 2025.
- ↑ ""Poder estar tanto tiempo en el Valencia CF es un honor para mí"" (en castelán). GM Football Academy. 28 de febreiro de 2024. Consultado o 29 de decembro de 2025.
- ↑ "Mueren Fernando Martín, el entrenador del Valencia femenino B, y tres de sus hijos en un naufragio en Indonesia" (en castelán). Eurosport. 27 de decembro de 2025. Consultado o 2 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Consternación en el Valencia: Fernando Martín, entrenador de su filial femenino, víctima del naufragio en Indonesia" (en castelán). RTVE. 27 de decembro de 2025. Consultado o 27 de decembro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernando Martín en BDFutbol
- Fernando Martín en LaPreferente.com
- Nados en 1981
- Finados en 2025
- Defensas de fútbol
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Xogadores do CD Alcoyano
- Xogadores do Benidorm CF
- Xogadores do CD Eldense
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do Ontinyent CF
- Xogadores do CF La Nucía
- Finados en accidente
- Nados en Valencia
- Adestradores de fútbol de España