Saltar ao contido

Fernando Mamede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Mamede
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Beja, Portugal Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso58 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, fondista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xullo de 1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14348993 Olympics.com: fernando-mamede Editar o valor en Wikidata

Fernando Eugénio Pacheco Mamede, nado o 1 de novembro de 1951 en Beja, foi un atleta portugués.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Como atleta, militou no Sporting Clube de Portugal. Bateu récords internacionais de atletismo. Foi un dos medio-fondistas do país con maior relevo, ostentando o récord mundial dos 10.000 metros entre 1984 e 1989.

Mamede conseguiu o récord do mundo e da Europa, en Estocolmo (Suecia), o 2 de xullo de 1984, cun tempo de 27'43"81. O récord foille arrebatado no 1989 polo mexicano Arturo Barrios.

Feitos deportivos

[editar | editar a fonte]
  • 27 récords nacionais de Portugal
  • 1 récord mundial (10000 metros)
  • 3 récords europeos
  • 20 títulos nacionais portugueses