Fernando Buyser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Buyser
Biografía
Nacemento30 de maio de 1879 Editar o valor em Wikidata
Filipinas Editar o valor em Wikidata
Morte16 de novembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Mainit, Filipinas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , ensaísta Editar o valor em Wikidata

Fernando Buyser y Aquino, nado en Kalunangan o 30 de maio de 1879 e finado en Mainit o 16 de novembro de 1946 foi un escritor e sacerdote filipino, bispo da Igrexa Filipina Independente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou na localidade de Caridad, preto de Baybay. En 1905 a Igrexa Filipina Independente ordenouno sacerdote e serviu en Cebú ata 1930 ao ser consagrado por Gregorio Aglipay bispo da diocese de Cebú, despois foino de Bohol, Leyte, Samar, Masbate e Surigao e presidente do Consello Supremo de Bispos.

Escritor en cebuano, o seu primeiro poema data de 1906. A súa poesía é principalmente de carácter místico e moral [1]. Foi o introdutor do sonanoy un estilo que combina a balak tradicional coa formas poéticas occidentais, e máis concretamente co soneto español, a súa obra exerceu unha grande influencia na súa época e na seguinte xeración de poetas[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mga Awit sa Kabukiran (antoloxía de poesía tradicional, 1912)
  • Si Christo Gikawat (teatro, 1912)
  • Lucia (teatro, 1912)
  • Baile oficial (teatro, 1913)
  • Mga Sugilanong Karaan (antoloxía de poesía tradicional, 1913)
  • Mga Damgo sa Usa Ka Pari (relatos, 1913)
  • Panimolus sa Isa Ka Aswang (novela curta, 1923)
  • Dungog sa Kamatayon (relatos, 1923)
  • Kasingkasing sa Magbabalak (poesía, 1938),
  • Kasakit ug Kalipay (poesía, 1940),
  • Balangaw (poesía, 1941),

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernando Buyser" en Arquivado 30 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Cebuano Studies Center
  2. Marjorie Evasco "Song and Substance: The Poetry of Fernando Buyser" Philippine Quarterly of Culture and Society Vol. 31, Nº. 4, SPECIAL ISSUE: CEBUANO LITERARY STUDIES (2003), pp. 307-330