Fernando Balsa Antón
Fernando Balsa Antón | |
---|---|
Nacemento | 1880 |
Lugar de nacemento | Mugardos |
Falecemento | anos 1950 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Andrés Balsa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Balsa Antón, nado en Mugardos cara a 1880 e finado nos anos cincuenta, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Andrés Balsa Antón. Axente comercial, foi fundador e presidente da Federación de Axentes de Comercio e Industria da Coruña (UGT). Pertenceu á loxa Renacimiento Masónico da Coruña. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Sada.[1] Foi un dos membros da comisión promotora do periódico Adelante en 1930. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña en 1932 e secretario de actas en xaneiro de 1936. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE pola Coruña para a elección do novo Presidente da República (Manuel Azaña). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto, sendo posto en liberdade e autorizado a embarcar con rumbo á Habana o 8 dese mes. O Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo procesouno en rebeldía, condenándoo a 12 anos de reclusión.[2] Exiliado nos Estados Unidos de América, regresou a España en 1950. Finou nos anos cincuenta.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Amparo Casal Franco e foi pai de Fernando Balsa Casal.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-9-1928, p. 7.
- ↑ Ficha de encausado de Fernando Balsa Antón
- ↑ Fernando en la escuela