Juan Armada Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernán Pardo»)
Infotaula de personaJuan Armada Losada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Armada y Losada Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan de Armada y Losada Editar o valor em Wikidata
4 de maio de 1861 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1932 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministério da justiça (pt) Traducir
Presidente do Congreso dos Deputados
Deputado
Ministro de Fomento de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e novela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Armada Valdés Editar o valor em Wikidata

Juan Bautista Armada Losada, marqués de Figueroa, nado en Madrid o 4 de maio de 1861 e finado en Figueroa (Abegondo) o 22 de setembro de 1932, foi un escritor, xornalista e político galego vinculado ao Naturalismo cristián, foi ministro de Graza e Xustiza e de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Armada Valdés (fillo dos marqueses de Santa Cruz de Ribadulla) e Ramona Losada Miranda (da que herdou o título de marqués de Figueroa), despois de cursar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela iniciou a súa carreira política no Partido Conservador, ao obter acta de deputado no Congreso polo distrito electoral de Pontedeume nas eleccións de 1891, escano que volvería obter en todos os procesos electorais celebrados ata 1910. Nas eleccións do 8 de maio de 1910 obtén un dos escanos pola cidade da Coruña, que reeditou ata 1923. Foi presidente e vicepresidente do Congreso.

Foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas entre o 5 e o 16 de decembro de 1904, e ministro de Graza e Xustiza entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 21 de outubro de 1909 en senllos gabinetes Maura. A súa etapa á fronte do ministerio de Graza e Xustiza, no coñecido como "goberno largo de Maura", deixou leis como a de Xustiza Municipal ou a de Condena Condicional e a reforma da Lei Hipotecaria.

Foi presidente honorario da Exposición Rexional de 1909 xunto a Augusto González Besada. Como tal, o 28 de novembro de 1909 recibiu o título de fillo adoptivo de Santiago de Compostela de mans do alcalde accidental, Salvador Cabeza de León.

Membro numerario da Real Academia Española, conciliou o exercicio novelesco co xornalismo en La España Moderna, La Ilustración Española y Americana, Nuestro Tiempo e La Lectura. Tamén pronunciou conferencias sobre Fernán Caballero y la novela de su tiempo, De la poesía gallega (1889), El problema de la educación moral (1912) ou La belleza en el lenguaje (1918).

Non tivo fillos, sendo o seu sobriño Juan Gil Armada o sucesor no Marquesado de Figueroa.

Juan Armada Losada, 1932.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou algúns poemas co pseudónimo Fernán Pardo. A súa produción novelesca condénsase en:

  • El último estudiante (1883). Madrid: Imprenta y Fundición de M. Tello.
  • Antonia Fuertes (1885). Madrid: Imprenta y Fundición de M. Tello.
  • La vizcondesa de Armas (1887). Madrid: Imprenta y Fundición de M. Tello.
  • Gondar y Forteza (1900). Madrid: Vda. e H. de Tello.

A súa actividade literaria culmina cos seus poemarios bilingües Del solar galaico (1917) e Libro de cantigas. En tierras galaico-lusitanas. Impresiones. Reminiscencias del vagar (1928), nos que impera o acento intimista e nostálxico.

A súa narrativa caracterízase por dous temas: a exaltación da educación e a moral cristiás e a crítica das aspiracións de medro que contaminan a vida política, sobre todo no caso dos partidos revolucionarios. Organiza as súas novelas en torno a esquemas de personaxes contrarios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz
 Ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas 
1904
Sucesor:
José Cárdenas Uriarte
Predecesor:
Antonio Barroso Castillo
 Ministro de Graza e Xustiza 
1907 - 1909
Sucesor:
Eduardo Martínez del Campo Acosta
Predecesor:
Enrique Sors Martínez
 Deputado por Pontedeume 
1891 - 1910
Sucesor:
José Lombardero Franco