Ferdinand Georg Frobenius
Ferdinand Georg Frobenius, nado en Charlottenburg o 26 de outubro de 1849 e finado en Berlín o 3 de agosto 1917, foi un Matemático alemán recoñecido polas súas achegas á teoría das ecuacións diferenciais e á teoría de grupos, ademais de polo seu afondamento no teorema de Cayley-Hamilton e a súa achega ao teorema exposto por Eugène Rouché chamado entón teorema de Rouché-Frobenius.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no luxoso suburbio berlinés de Charlottenburg, cursou os seus estudos superiores na Universidade Humboldt de Berlín sendo a súa tese sobre a solución das ecuacións diferenciais baixo a dirección de Karl Weierstrass.[1] Logo de graduado en 1870 mudouse a Zúric onde sentou cátedra no Polytechnicum desa importante cidade helvética, actualmente chamado ETH Zürich. En 1893 retornou a Berlín onde foi electo membro da Academia de Ciencias Prusiana.
A súa obra contribuíu a establecer a chamada lei de reciprocidade de Frobenius e os grupos de Frobenius, versando principalmente na teoría alxébrica dos grupos finitos e a sistematización da álxebra mediante procedementos de lóxica matemática e axiomática.
Achegas á teoría de grupos
[editar | editar a fonte]A teoría de grupos constituíu un dos principais intereses de F.G. Frobenius no segundo período da súa actividade científica. Unha das súas primeiras achegas relevantes respecto diso foi a demostración dos teoremas de Sylow mediante grupos abstractos; as demostracións precedentes eran por grupos de permutacións.
Aínda máis importante foi a creación da teoría dos caracteres de grupo e das representacións de grupos, dous instrumentos fundamentais para o estudo da estrutura dos grupos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Curtis, Charles W. (2003). Pioneers of Representation Theory: Frobenius, Burnside, Schur, and Brauer. History of Mathematics. Providence, R.I.: American Mathematical Society. ISBN 978-0-8218-2677-5. MR 1715145. Review
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- G. Frobenius, "Theory of hypercomplex quantities" (tradución ao inglés)