Ferdinand Christian Baur
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xuño de 1792 Fellbach |
| Morte | 2 de decembro de 1860 Tubinga |
| Lugar de sepultura | cemiterio municipal de Tübingen |
| Relixión | Cristianismo |
| Educación | Universidade de Tubinga Tübinger Stift |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Tubinga |
| Ocupación | historiador da igrexa, escritor, profesor universitario, teólogo evanxélico |
| Empregador | Universidade de Tubinga |
| Alumnos | Otto Pfleiderer |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Баур Фердинанд Кристиан) Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.), (sec:Baur, Ferdinand Christian (1792-1860)) Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Ferdinand Christian Baur, nado en Fellbach o 21 de xuño de 1792 e finado en Tubinga o 2 de decembro de 1860, foi un teólogo protestante alemán, líder da escola de Tubinga de teoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Schmiden, preto de Canstatt. Estudou no seminario de Blaubeuren e despois na Universidade de Tübingen, nun primeiro momento baixo a influencia da antiga escola de Tübingen, pero a influencia dos filósofos Immanuel Fichte e Friedrich Schelling xa se comezaba a facer notar. En 1817 volta ao seminario de Blubeuren como profesor. En 1824 publicou o seu primeiro traballo importante Symbolik und Mythologie oder die Naturreligion des Altertums ("O simbólico e a mitloxía na relixión natural dos antigos"), xa cunha forte influencia de Schelling e sobre todo de Friedrich Schleiermacher e por mor del chamárono para dar clases en Tübingen como profesor de teoloxía. Por esa época adoptou a filosofía hegeliana da historia e estudou a historia do cristianismo e das doutrinas da Biblia dende ese punto de vista, rexeitou a autenticidade de moitos libros bíblicos empregando técnicas literarias e filosóficas. En 1831 publicou Das manichäische Religionssystem ("O sistema relixioso maniqueo") e en 1835 Die christliche Gnosis ("Gnose cristiá") e Uber das Christliche im Platonismus oder Socrates und Christus ("A cristianidade no platonismo: Sócrates e Cristo") en 1837.
{{ORDENAR:Baur, Ferdinand Christian]]