Fengódidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fengódidos

Macho de Phengodes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Elateriformia
Superfamilia: Elateroidea
Familia: Phengodidae
LeConte, 1861
Subfamilias[1]

Cydistinae Paulus, 1972 Mastinocerinae LeConte, 1881 Phengodinae LeConte, 1861

Sinonimia

Telegeusidae Leng, 1920

Os fengódidos (Phengodidae) son unha familia de escaravellos cuxas larvas e femias teñen órganos bioluminescentes. Viven en todo o Novo Mundo desde as partes máis meridionais do Canadá a Chile; porén, o grupo máis recentemente recoñecido como fengódido, o dos Cydistinae, vive no oeste de Asia. A familia Rhagophthalmidae, un grupo do Vello Mundo, adoitaba antes incluírse tamén en Phengodidae.

As larvas e femias larviformes destes insectos son predadoras, alimentándose de milpés e outros artrópodos que viven no solo e entre as follas caídas. Os machos alados, que son a miúdo atraídos polas luces de noite, teñen unha curta vida e probablemente non se alimentan. As femias son moito maiores que os machos e son completamente larviformes. Os machos poden ser luminiscentes tamén, pero as femias e larvas teñen sempre unha serie de órganos luminiscentes sobre segmentos do tronco que emiten unha luz amarela ou verde e ás veces un órgano adicional na cabeza que emite luz vermella, como nos Phrixothrix.

Esta familia distínguese dos tamén luminiscentes vagalumes (familia Lampyridae) no seu estadio larvario.

Segundo algúns estudos recentes, Phengodidae podería incluír (ou ser un taxon irmán) o grupo dos Telegeusidae,[2] que se diferenciaron dos fengódidos polas modificacións pouco comúns das súas pezas bucais; o grupo dos Telegeusidae foi tratado como unha familia, pero máis recentemente foron tratados como unha subfamilia dentro da familia Omethidae.[3]

Larva ou femia luminescente.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kundrata, Robin; Blank, Stephan M; Prosvirov, Alexander S; Sormova, Eliska; Gimmel, Matthew L; Vondráček, Dominik; Kramp, Katja (2019-10-19). "One less mystery in Coleoptera systematics: the position of Cydistinae (Elateriformia incertae sedis) resolved by multigene phylogenetic analysis". Zoological Journal of the Linnean Society (Oxford University Press (OUP)). ISSN 0024-4082. doi:10.1093/zoolinnean/zlz104. 
  2. ZARAGOZA-CABALLERO & ZURITA-GARCÍA (2015) A preliminary study on the phylogeny of the family Phengodidae (Insecta: Coleoptera). Zootaxa 3947: 527–542.
  3. ROZA, André Silva; CONSTANTIN, Robert; MERMUDES, José Ricardo Miras. Pseudotelegeusis meloi sp. nov., the first Telegeusinae from Peru (Coleoptera: Omethidae, Telegeusinae). European Journal of Taxonomy, [S.l.], n. 580, nov. 2019. ISSN 2118-9773. Available at: <https://europeanjournaloftaxonomy.eu/index.php/ejt/article/view/809>. Acceso: 6 de decembro de 2019. doi:https://doi.org/10.5852/ejt.2019.580.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]