O feminismo islámico é unha vertente do feminismo preocupada polo papel das mulleres no islamismo. Esa ramificación loita pola plena igualdade entre todos os musulmáns, independentemente do sexo, na vida pública e privada. As feministas islámicas defenden os dereitos das mulleres, a igualdade de xénero e a xustiza social fundamentadas nunha estrutura islámica. A pesar das súas raíces no islam, os pioneiros do movemento tamén teñen utilizado discursos feministas seculares, occidentais ou doutras fontes non musulmás e recoñeceron o papel do feminismo islámico como parte dun movemento feminista global e integrado.[1]
Os defensores do movemento procuran destacar as ensinanzas de igualdade profundamente enraizados na relixión e incentivar un cuestionamento da interpretación patriarcal do ensino islámico a través do Corán(libro sagrado), do hadith (ditos de Mahoma) e da xaria (lei islámica) en dirección a creación dunha sociedade máis igualitaria e xusta.[2] O islamismo nunca cuestionou a posibilidades das mulleres de daren asistencia ós homes na guerra e nin negou a elas o dereito de iren para o combate en caso de emerxencia.[3] O islam ten unha longa tradición de participación de mulleres na fe, sendo a muller de Mahoma,Aisha, un dos primeiros teólogos da relixión.[4]