Felicia de Fofe
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1929 Fofe |
| Morte | 25 de abril de 2016 Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante |
Felicidad Insuela Castro,[1] máis coñecida como Felicia de Fofe,[1] nada en Fofe (Covelo) en 1929[1] e finada en Pontevedra o 25 de abril de 2016,[2] foi unha cantareira galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse nunha familia humilde.[1] Da súa avoa herdou o gusto pola música tradicional, de feito, ensinoulle a tocar a cabaza, un instrumento formado por unha cabaza e mais unha cuncha de vieira, golpeadas con dedais de madeira de buxo.[3][2]
De moza, emigra a León e, posteriormente, a Alemaña xunto co seu marido, Antonio Agulla.[1] Traballou no sector da hostalaría.[2] Ao regreso da emigración, pasan a vivir en Paredes (Vilaboa). Sufriu a perda de dez fillos.
Homenaxes e influencia
[editar | editar a fonte]En 1997 Mercedes Peón levouna xunto con outras veciñas de Fofe ao Luar. En 2010, o programa da TVG Alalá dedicoulle un capítulo a Felicia e dende entón acudiu de forma habitual.[1] Colaborou na fundación da Asociación Cultural de Paredes.[2]
Como cantareira, foi unha gran transmisora de literatura oral. Destacou artisticamente polos contos, romances, parrafeos, cantares, arrolos, Reis, labradas, seráns etc.[1] Era especialista en cantigas verdes.[1]
En 2015 recibiu unha homenaxe no Museo de Pontevedra.[3] Foi homenaxeada tamén na XXI edición do Memorial Ricardo Portela.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Ignacio Costa, Guillerme (2013-04-09). "FELICIA DE FOFE 6. Agharrado II". apoi.museodopobo.gal. Consultado o 2025-04-04.
- 1 2 3 4 Escudeiro, Mª Xesús López (2017-04-25). "Felicia Insuela na lembranza". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-04-04.
- 1 2 "Último adiós a la cantareira Felicia Insuela". Novo (en castelán). 2016-04-27. Consultado o 2025-04-04.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2020-07-19). "A voz de Felicia Insuela volve á Boa Vila da man do Memorial Ricardo Portela". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2025-04-04.