Saltar ao contido

Felús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felús omeia de al-Ma'mun, AH 219 (834-835 d. C.), cuñado en Xerusalén.

O felús[1] (árabe: فلس, romanizado: fals, plural fulus) foi unha moeda medieval de cobre do mundo musulmán producida por primeira vez polo califato omeia (661-750 d.C.) a finais do século VII.[2]

A moeda deriva do follis,[3] unha moeda romana de cobre e, máis tarde, tamén moeda bizantina. Orixinalmente, o felús cuñouse seguindo o padrón bizantino, de maneira que 48 feluses equivalían a un dirham de prata.[2]

Felús do califa samánida Mansur I ibn Nuh. AH 350-365 (961-976 d.C), cuñado en Bukhara.

Como é habitual na maioría das moedas islámicas, o felús era anicónico e adoitaba presentar unha escrita árabe ornamentada en ambas as faces. Na época do califatio abbásida, nestas inscricións mencionábase o nome do gobernante emisor, así como o lugar e o ano da cuñaxe. A partir do século X, o felús foi perdendo progresivamente a súa importancia no sistema monetario, aínda que recuperou valor no emirato de Bukhara e como principal moeda circulante en Exipto nos séculos XIV e XV, cando un dirham equivalía a 24 feluses. Producíronse moi diversas emisións de feluses ata o século XIX, cun peso variable entre un gramo e dez gramos ou mesmo máis.[2]

Felús peninsular do Emirato de Córdoba.

Na Península Ibérica, os feluses cuñáronse ocasionalmente, de xeito exclusivo durante a época inicial da invasión musulmá, no século VIII da Héxira (séculos IX e X d.C.), e no reino nazarí de Granada.[4]

A existencia desta pequena peza de cobre foi fonte de controversia para os xuristas musulmáns: cabe citar a Al-Maqrîziy, quen no seu Ighathah (1405) e sobre todo en al-Nuqud al-Islamiyyah («A moeda do islam», 1415), advertía de que «os muslmáns non deberían utilizar máis que o dinar de ouro e o dirham de prata nas súas transaccións».[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome procede do árabe marroquí flus (pl. fulus), e este termo deriva, pola súa vez, do grego antigo phóllis (φόλλις), que chegou ao árabe a través do arameo. É probable que o termo actual en galego fose tomado da forma plural árabe.

Moedas modernas

[editar | editar a fonte]
Moeda marroquí de 4 falús de AH 1290 (1873/4 d.C.), cuñada na ceca de Fez.

Na Idade Moderna, o felús deu orixe a outras moedas:

  1. "Felús". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. 1 2 3 "Fels". En Münzen Lexikon (Reppa.de).
  3. "Felús". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 84.
  4. Rodríguez Lorente, J. J. (1982). Páxina 12.
  5. Abdullah, A. (2020). Páxina 2.
  6. "Bahrain: Dinar (1965-date)". Numista.com
  7. "Iraq: Dinar (1931-date)". Numista.com
  8. "Jordan: Dinar (1949-date)". Numista.com
  9. "Kuwait: Dinar (1960-1990 and 1991-date)". Numista.com
  10. "Yemen: North Yemen: Rial (decimalized, 1974-1990)". Numista.com
  11. "United Arab Emirates: Dirham (1973-date)". Numista.com
  12. "Marocco: Falus". Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]