Feira do viño de Ribadavia
Na capital do Ribeiro [1](Ribadavia) hai máis de cincuenta anos[cando?] que se celebra a Feira do Viño, que foi declarada de Interese Turístico Nacional, e é a feira vitivinícola máis antiga de Galicia. A feira ten lugar no recinto da Alameda, situado en fronte ó Castelo de Ribadavia.
Historia[editar | editar a fonte]
O viño da comarca do Ribeiro vese favorecido polo microclima e a situación xeográfica, e así foi durante un milleiro de anos de historia vitivinícola. [2]
A tradición dos viños do Ribeiro remóntase ata o século II a.C. A súa importancia seguía nos séculos XV e XVI, e non só economicamente, senón que tamén formaba parte da cultura e da sociedade. Xa tiña unhas altas cotas de calidade e comercialización chegando a América da man de Cristovo Colón.[3] A súa fama chegou a monarquías europeas. Na literatura da época quedou constancia, concretamente nun fragmento do Quixote, onde un dos personaxes encontra un viño do Ribeiro nunha taberna de Xénova.[3]
No século XIX a situación mudou. En 1850 o viño viuse afectado por unha praga de oídio e en 1892 por mildio e a filoxera.[Cómpre referencia]
A Denominación de Orixe Ribeiro participa en numerosos eventos nacionais e tamén os organiza: enoFestival, Experiencia Verema Málaga…[Cómpre referencia]
Desenvolvemento da festividade[editar | editar a fonte]
A feira consiste nunha exposición das diferentes adegas e empresas agrícolas. Xunto a estas celébranse concursos, catas, degustacións, actividades musicais e folclóricas.[4]
Ademais en Ribadavia, no instituto Abrente, cúrsase o ciclo de aceites e viños, participativos nesta actividade. No 2017 participaron con viño e aceite propio. A etiqueta foi realizada polos alumnos e alumnas de secundaria do instituto IES o Ribeiro. A elixida polo claustro do profesorado implicado foi a representante dos seus produtos.
Cartel[editar | editar a fonte]
Cada ano faise un concurso de carteis para elixir a imaxe de representación para a edición.[5] Para levar a cabo iso establécese un tema para inspirar á participación de deseñadores e artistas coa condición de que a obra sexa inédita. O gañador ou gañadora recibe un premio económico e a obra pasa a ser propiedade do C.R.D.O. Ribeiro (Consello Regulador da Denominación de Orixe). Os carteis finalistas son expostos posteriormente no local social da Madalena en Ribadavia. O xurado son persoas dentro do mundo da arte e do deseño, o Presidente do Consello Regulador e o alcalde de Ribadavia, ou a persoa na que delegue.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Feira do viño do Ribeiro". Vino D.O. Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
- ↑ Redacción (2013-06-01). "Ribadavia, una lección de historia". Cepas y Vinos (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
- ↑ 3,0 3,1 "LII Feira do Viño do Ribeiro y su Historia". La Galleta Molona (en castelán). 2015-04-28. Consultado o 2019-04-22.
- ↑ "Páxina web da Feira do viño do Ribeiro | 2017 - 56ª Edición". Feira do viño do Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
- ↑ "LVI Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2019-04-22.
- ↑ vinetur.com. "Vinetur - La revista digital del vino". www.vinetur.com (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- "Feira do viño do Ribeiro". Vino D.O. Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
- Redacción (2013-06-01). "Ribadavia, una lección de historia". Cepas y Vinos (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
- "LII Feira do Viño do Ribeiro y su Historia.". La Galleta Molona (en castelán). 2015-04-28. Consultado o 2019-04-22.
- "Paxina web da Feira do viño do Ribeiro | 2017 - 56ª Edición". Feira do viño do Ribeiro (en castelán). Consultado o 2019-04-22.
- "LVI Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2019-04-22.
- vinetur.com. "Vinetur - La revista digital del vino". www.vinetur.com (en castelán). Consultado o 2019-04-22.