Feira do Viño do Rosal
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A Feira do Viño do Rosal é unha gran festa de interese turístico no municipio de O Rosal, pertencente á comarca do Baixo Miño. Esta feira ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos da horta e a flor que se producen no Val do Rosal.
Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos/as, exposicións filatélicas, actuacións musicais etc. A esta celebración achéganse cada ano os amantes dos viños que hai nas Rías Baixas. Está situada na Praza do Calvario, con nove casetas pertencentes ás respectivas bodegas.
Historia[editar | editar a fonte]
O viño que hai na zona do Rosal chegou a través dos romanos na antigüidade debido a que a zona presentaba a temperatura ideal para a súa produción. No s. XII os monxes do Mosteiro de Santa María de Oia eran os encargados de coidar as plantacións do viñedo e foi nesa época cando o viño acadou o seu maior auxe.
A primeira vez que se levou a cabo esta festa foi no ano 1993.