Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados
| Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, coñecida simplemente coma Conxemar, é un evento que se celebra anualmente no Instituto Feiral de Vigo, na cidade de Vigo.[1] Desenvólvese habitualmente durante tres días no mes de outubro. Está considerada unha das feiras máis importantes sobre a industria dos conxelados[2], e congrega anualmente medio millar de expositores e uns 25.000 visitantes[3].
Historia
[editar | editar a fonte]Celebrouse por vez primeira en 1999, organizada pola Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de la Pesca y Acuicultura.[4]. Ten a súa orixe no Salón da Pesca Profesional de Sapromar. O acto tivo lugar na estación marítima, nun espazo expositivo de 3.000 metros cadrados.[5]
Características
[editar | editar a fonte]A feira albérgase no Instituto Feiral de Vigo, e consta de centos de postos ou expositores, nos que as diferentes empresas do sector presentan as novidades ou produtos do mar que queiran salientar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fishing in Europe. Directorate-General for Fisheries of the European Commission. 2003.
- ↑ Castro Pena, Antía (2015). "Conxemar revalida su reinado.". Europa Azul (149): 52–55. ISSN 1130-1465.
- ↑ "Conxemar". Turismo de Vigo. Consultado o 24 de abril de 2025.
- ↑ Esteban Sánchez, Pablo (2009). "Conxemar". Aral (1565): 92–93. ISSN 1697-8021.
- ↑ "Todo lo que necesitas saber de Conxemar: veinte años en diez cifras.Todo lo que necesitas saber de Conxemar: veinte años en diez cifras.". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de abril de 2025.