Fee Reega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFee Reega

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Balingen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Europeia de Madrid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables


Fee Reega, nada en Balingen o 2 de xuño de 1988[1], é unha cantautora alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar literatura rusa en Berlín. Tivo unha bolsa Erasmus para estudar Belas Artes na Universidade Europea de Madrid, e despois estableceuse en Asturias, primeiro na aldea de Morvís (Rozaes, Villaviciosa) e despois en Uvieu e Xixón[1].

É cantante e compositora da banda postpunk Captains xunto a David Baldo, e do grupo alemán de folk-rock psicodélico Dead Hands. Colaborou de xeito habitual con Pablo Und Destruktion e Nacho Vegas.

En 2014 publicou La Raptora. Nese disco acompañárona Pablo Und Destruktion (guitarra eléctrica, coros), Héctor Tuya (guitarra acústica), Sara Muñiz (viola), Luis Rodríguez (baixo), Miguel Herrero (batería e trompeta), El Abominable Javolf de la Münster (piano, violonchelo, acordeón) e Fernando (violíns)[2]. No ano 2017 publicou o disco Sonambulancia, gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Rafael Martínez del Pozo en Grabaciones de Campo. A banda que a acompaña está composta por Dani Donkeyboy (guitarra), Javier Bejarano (guitarra), Ibán Pérez (batería, trompeta), Niko Jones (baixo), Dave Tunstall (contrabaixo) e Xosé Ramón Rocha (cello)[3].

Obra[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Te he amado en un hotel en la calle del Divino Pastor (EP; 2011)
  • Salvajada (2012)
  • La Raptora / Die Entführerin (2014)
  • Shoot (Woodland, 2015)
  • Sonambulancia (Discos Humeantes, 2017)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Purpurina y percebes (Canalla Ediciones, 2017)[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Fee Reega: "Tengo la capacidad de atraer a personajes marginales y algo locos"», Público, 28 de setembro de 2017 (en castelán).
  2. La Raptora en BandCamp.
  3. Sonambulancia, en BandCamp.
  4. Purpurina y percebes Arquivado 16 de abril de 2018 en Wayback Machine., na web de Canalla Ediciones.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]