Federico Viñas
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1998 Montevideo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,83 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2026 | Mundial de Fútbol de 2026 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Federico Sebastián Viñas Barboza, nado en Montevideo o 30 de xuño de 1998, é un futbolista uruguaio que xoga como dianteiro no Real Oviedo, da Segunda División, cedido polo Club León mexicano. É internacional coa selección uruguaia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Juventud de Las Piedras
[editar | editar a fonte]Tras comezar a xogar ao fútbol dende neno, abandonou as súas aspiracións deportivas para traballar repartindo carne. Volveu ao fútbol en 2017, cando fichou polo Juventud de Las Piedras, do departamento de Canelones.[1]
Préstamo ao Club América
[editar | editar a fonte]En agosto de 2019 foi cedido por un ano ao Club América mexicano.[2] Debutou na Liga MX o 14 de setembro ante o Universidade Nacional. Saltou ao campo no minuto 77 e 28 segundos despois marcou o único gol do partido.[3] Disputou un total de 11 encontros durante o torneo Apertura, logrando cinco goles, tres deles na fase final do campionato. Marcou en cuartos de final, nas semifinais e tamén na final contra o Monterrey no Estadio Azteca.[4]
Club América
[editar | editar a fonte]O 30 de maio de 2020, anunciouse que o América exercía a súa opción de compra sobre o xogador, que asinou un contrato de cinco anos.[5] Despois de caer en desgraza co equipo durante a tempada 2022/23, na que só foi titular en catro encontros, Viñas comezou a atraer o interese de clubs de todo o país.[6]
León
[editar | editar a fonte]En xuño de 2023 foi traspasado ao Club León, co que asinou un contrato de catro anos.[7] Alí completou unha destacada tempada, marcando 16 goles en 33 partidos de liga, o que o converteu no máximo goleador do torneo Clausura de 2024, empatado a oito goles con Uriel Antuna e Salomón Rondón.[8]
En maio de 2024, mentres estaba concentrado coa súa selección, rompeu o tendón de Aquiles, precisando dunha operación cirúrxica.[9]
O 28 de agosto de 2024 foi cedido ao Real Oviedo, da Segunda División española.[10]
Selección uruguaia
[editar | editar a fonte]Foi incluído na selección sub-23 do Uruguai para o Torneo Preolímpico CONMEBOL 2020. O 25 de xaneiro de 2020 marcou o seu primeiro gol coa súa selección na derrota por 3-2 ante a selección boliviana sub-23.[11]
Debutou coa selección uruguaia absoluta o 16 de novembro de 2023 nas eliminatorias da CONMEBOL, substituíndo a Darwin Nuñez nunha vitoria ante a Arxentina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Federico Viñas pasó de retirarse y repartir carne a ser buscado por equipos europeos" (en castelán). 3 de abril de 2024. Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ López, Alonso G. (29 de agosto de 2019). "Federico Viñas, el nuevo ariete azulcrema". esto.com.mx (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ Redacción (15 de setembro de 2019). "Debut goleador de Federico Viñas con América". tudn.mx (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ EFE (26 de setembro de 2019). "El uruguayo Federico Viñas dice estar feliz de ser el ‘talismán’ del América mexicano". latimes.com (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ Luis, de la Cruz (30 de maio de 2020). "Club América: ¿Cuánto costó el fichaje de Federico Viñas?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2022. Consultado o 4 de marzo de 2025.
- ↑ Salmerón García, Uriel (15 de decembro de 2022). "El nuevo equipo que tendría Federico Viñas si sale del América". 90min.com (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ Sena, Guadalupe (24 de xuño de 2023). "Federico Viñas signs four-year deal with León". en.as.com (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ Ledezma, Aram; Hall, Andy (1 de abril de 2024). "Federico Viñas revelling in León rebirth". en.as.com (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ Redacción (25 de maio de 2024). "Federico Viñas, delantero del León, se rompe el tendón de Aquiles y se pierde la Copa América con Uruguay". latinus.us (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ "Federico Viñas, nuevo futbolista del Real Oviedo" [Federico Viñas, new footballer of Real Oviedo]. realoviedo.es (en castelán). 28 de agosto de 2024. Consultado o 3 de marzo de 2025.
- ↑ "América's Federico Viñas scores magic diving header for Uruguay" (en inglés). 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2025.