Frederico I do Sacro Imperio Romano Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederico I do Sacro Imperio Romano Xermánico
Nacementodecembro de 1122 e 1122
Lugar de nacementoHaguenau
Falecemento10 de xuño de 1190 e 24 de xuño de 1190
Lugar de falecementoSilifke, Cilicia
Causaafogamento
SoterradoEspenuca de San Pedro
NacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiFederico II de Suabia
NaiXudite de Baviera
CónxuxeAdelaida de Vohburg e Beatriz de Borgoña
FillosFilipe de Suabia, Henrique VI, Frederico V de Suabia, Frederico VI de Suabia, Conrado II de Suabia, Otón I de Borgoña, Beatrice Schwäbische, Sophie of Hohenstaufen e Agnes von Staufen
IrmánsXudite de Hohenstaufen, Berta, duquesa de Lorena, Luitgard van Schwaben e Conrado de Hohenstaufen
Na rede
WikiTree: Staufer-38 Find a Grave: 8116342 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Frederico I Barbarroxa.

Frederico I,[1] tamén coñecido como Frederico Barbarroxa, nado en 1122 e finado en Anatolia en 1190, foi elixido rei de Alemaña o 4 de marzo de 1152 en sucesión do seu tío Conrado III, e coroado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1155.

Ademais, foi duque de Suabia (Frederico III, 1147 - 1190).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Armas dos Hohenstaufen

Fillo de Frederico de Hohenstaufen, duque de Suabia, e de Xudite de Baviera, da dinastía rival dos Güelfos, Frederico era o herdeiro dunha das principais familias de Alemaña, sendo un candidato aceptable para os príncipes electores do Sacro Imperio.

Fixo seis expedicións a Italia; na primeira, foi coroado emperador do Sacro Imperio en Roma polo papa Hadrián IV, despois de obter o control da cidade republicana dirixida por Arnold de Brescia. Por esta causa as relacións entre o emperador e o papa degradáronse, culminando o conflito coa derrota de Frederico na batalla de Legnano, preto de Milán, pola Liga lombarda das cidades do norte de Italia.

Despois de facer as paces co papa Alexandre III, Frederico embarcou para as cruzadas (1189) con Filipe II de Francia e Ricardo I de Inglaterra (Ricardo Corazón de León). Afogaría atravesando o río Göksu ou Saleph, preto da actual Silifke, na Cilicia, no sur de Anatolia.

O seu fillo Henrique VI sucedeuno como rei de romanos e emperador do Sacro Imperio.

Lenda[editar | editar a fonte]

Frederico é o protagonista dunha lenda de heroes dormentes, que di que non está morto, senón adormecido cos seus cabaleiros nunha cova nas montañas de Kyffhäuser, en Turinxia (Alemaña), e que cando os corvos deixen de voar ó redor da montaña el acordará e restablecerá a antiga grandeza de Alemaña. Segundo a historia a súa barba roxa empuxaba a mesa ata onde el estaba sentado. Os seus ollos están medio abertos no seu soño, pero de cando en cando envía un rapaz a ver se os corvos deixaron xa de voar.

Na posteridade[editar | editar a fonte]

A invasión alemá da Unión Soviética en 1941 recibiu o nome clave de Operación Barbarroxa, en recordo de Frederico I.

Predecesor:
Conrado III
Rei de romanos
1152 - 1155
Sucesor:
Henrique VI
Predecesor:
Lotario II
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1155 - 1190
Sucesor:
Henrique VI
Predecesor:
Frederico II
Duque de Suabia
11471152
Sucesor:
Frederico IV
Predecesor:
Beatriz I
Conde de Borgoña
11561190
Sucesor:
Otón I

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cardini, Franco (1987): Barbarroja: vida, triunfos e ilusiones de un emperador medieval. Edicions 62. ISBN 978-84-297-2533-9.
  • Cardini, Franco e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
  • Engels, Odilo (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022.