Irish Rugby Football Union

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Federación Irlandesa de Rugby»)
Irish Rugby Football Union
Cumann Rugbaí na hÉireann
DeporteRugby
Fundación1879; hai 145 anos
World Rugby1886 (fundador)
Rugby Europe1999
PresidenteNicky Comyn
Adestr. masculinoAndy Farrell
Adestr. femininoAdam Griggs
Adestrad. a seteAnthony Eddy
Webwww.irishrugby.ie

A Irish Rugby Football Union, IRFU (en irlandés: Cumann Rugbaí na hÉireann) é o corpo administrador do rugby en Irlanda. A IRFU ten como sede o estadio de Lansdowne Road, onde o equipo da illa xoga os seus compromisos internacionais. A Unión posúe tamén os campos de Ravenhill Stadium en Belfast, Thomond Park en Limerick e varios campos nas áreas provinciais que son alugados aos clubs.

Actualmente hai arredor de 95.000 xogadores en total na Irlanda, onde 56 clubs están afiliados á Subdivisión (Branch) de Ulster; 71 á Subdivisión de Leinster: 59 da Subdivisión de Munster e 19 á Subdivisión de Connacht. Ademais, hai 246 escolas de rugby, en Ulster (107), Leinster (75), Munster (41) e Connacht (23).

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente había dúas unións fundadas en 1874: a Irish Football Union que tiña unha xurisdición sobre os clubs de Leinster, Munster e parte do Ulster; e a Northern Football Union of Ireland, que controlaba a área de Belfast. A IRFU foi fundada en 1879 coma amálgama entre os dous organismos anteriores e foron creadas as divisións de Leinster, Munster e Ulster. A división de Connacht foi creada en 1886.

A IRFU foi un dos membros fundadores da International Rugby Board en 1886 con Escocia e Gales. (A Inglaterra non se uniu até 1890).

A raíz da división política de Irlanda en dous estados: a República de Irlanda (orixinalmente o Estado Libre de Irlanda) e Irlanda do Norte (unha división política do Reino Unido), o Comité da Irish Rugby Football Union, decidiu que seguiría a administrar os seus asuntos sobre a base dos 32 condados de Irlanda e a tradicional de catro provincias de Irlanda: Leinster (12 condados), Ulster (9 condados), Munster (6 condados) e Connacht ( 5 condados).

Isto conduciu a unha situación única entre os equipos internacionais de rugby, onde os equipos representativos de Irlanda se forman extraendo xogadores de dous países distintos: Irlanda (un Estado independente e soberano) e Irlanda do Norte (unha división administrativa do Reino Unido). Para manter a unidade do rugby irlandés e os vínculos entre Norte e Sur, a IRFU comprou un novo terreo en 1923 en Ravenhill distrito de Belfast a un custo de 2.300 £. O primeiro partido internacional en Ravenhill, enfrontou a Irlanda con Escocia hai máis de medio século (en 1953-54), no partido os irlandeses obtiveron a vitoria por 6 a 0. Australia xogou contra Romanía na Copa do Mundo de rugby de 1999 nese estadio. O seguinte compromiso internacional disputado en Ravenhill foi un partido amigable fronte á Italia en agosto de 2007, debido ao peche temporal de Lansdowne Road para a súa reconstrución.

Durante os anos 1880s as catro divisións provinciais da IRFU xogaron por primeira vez competicións de copa, e malia que estas competicións aínda teñen lugar tódolos anos, a súa importancia diminuíu debido á chegada da AIB League de 48 Clubs Senior en 1990.

As catro provincias xogan competicións internacionais dende os anos '20 e continúan a ser un foco de xogadores de proxección internacional. Munster, Leinster e Ulster continúan e ser os tres equipos fortes, xunto con Connacht no Oeste da Illa, tradicionalmente as provincias máis febles nos resultados (Connacht) reciben só a metade da cantidade de cartos que reciben as outras tres provincias da IRFU. As catro provincias xogan na Magners League na súa categoría sénior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]