Febre de Oropouche
| Febre de Oropouche | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Características | |||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||
|
Tratamentos posibles
| |||||||||||||
|
Exames médicos
| |||||||||||||
|
Proceso de transmisión
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A febre de Oropouche é unha enfermidade viral tropical causada polo virus Oropouche orthobunyavirus (OROV), un arbovirus do xénero Orthobunyavirus da familia Peribunyaviridae. É endémico na América Central e do Sur, con surtos tamén en partes do Brasil e outros países da rexión.[1][2]
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]Foi descuberto por primeira vez en 1955 preto do río Oropouche en Trinidad e Tobago. As variacións na escrita, como "ourupuche" e "orepuche", débense a diferenzas fonéticas e ortográficas entre as linguas e dialectos da rexión onde se atopa a enfermidade, pero todas se refiren ao mesmo virus e condición.
A enfermidade foi detectada en varios estados do norte do Brasil en 2023 e pode converterse nun problema serio de saúde pública en calquera momento.
A Organización Panamericana da Saúde emitiu un alerta epidemiolóxico en febreiro de 2024 debido ao aumento na detección de casos na rexión da Amazonia brasileira e peruana.[3] En maio e xuño de 2024 houbo unha epidemia do virus en Cuba.[4]
Casos en Galiza
[editar | editar a fonte]En 2024, detectouse por primeira vez un caso de febre de Oropouche en Galiza, importado de Cuba. A pesar de que o vector principal, o mosquito Culicoides paraensis, non se atopa en Europa, non se descarta a posibilidade de que outras especies poidan actuar como vectores.[5]
Transmisión
[editar | editar a fonte]A transmisión ocorre en dous ciclos: un silvestre, candodípteros, como mosquiñas e mosquitos pican do sangue de macacos e preguiceiros, e un urbano, afectando principalmente aos humanos. Os principais vectores son Aedes serratus e Coquillettidia venezuelensis para o ciclo silvestre, e Culicoides paraensis para o ciclo urbano.[6][7]
Síntomas
[editar | editar a fonte]Os síntomas inclúen febre alta (entre 38 e 39.5 °C), dor de cabeza, calafríos, dor muscular e nas articulacións, vómitos e náuseas, e son semellantes aos do dengue, chikungunya e zika, pero sen casos graves reportados até o momento.[8][9] En casos graves, pode haber hemorraxias excesivas e o sistema nervioso central pode verse afectado, con inflamación do encéfalo e das meninxes.[10]
Tratamento e prevención
[editar | editar a fonte]Non existe un tratamento específico; o manexo é principalmente sintomático, incluíndo repouso e hidratación. Non se dispón de vacina, pero estanse realizando estudos para o seu desenvolvemento.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fiocruz vira referencia em protocolo de deteção do vírus Oropouche". portal.fiocruz.br. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "Alerta epidemiológico da OPAS sobre Febre de Oropouche". paho.org. Consultado o 2024-08-09. (en portugués)
- ↑ "Alerta epidemiológica - Oropouche en la Región de las Américas - OPS/OMS". www.paho.org (en castelán). 2024-02-02. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "Alerta epidemiológica - Oropouche en la Región de las Américas - 2 de febrero del 2024 - OPS/OMS". Consultado o 2024-08-09. (en castelán)
- ↑ "O virus Oropouche detéctase por primeira vez en Galicia". 2024-08-08. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "Febre oropouche: O que é, sintomas, tratamentos e causas.". Consultado o 2024-08-09.
- ↑ Ayala MM, Díaz F, Spinelli GR, Micieli MV, Ronderos MM (2022-11-08). "Redescription of immature stages of Culicoides paraensis (Goeldi) (Diptera: Ceratopogonidae), vector of the Oropouche virus". Zootaxa 5205 (3): 249–264. doi:10.11646/zootaxa.5205.3.4. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "Primeiro registro de epidemias causadas pelo vírus Oropouche nos Estados do Maranhão e Goiás, Brasil.". Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "Vírus transmitido por insetos pode ser confundido com dengue". O Globo (en portugués). 2016-01-07. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ Sakkas, Hercules; Bozidis, Petros; Franks, Ashley; Papadopoulou, Chrissanthy (2018-04-04). "Oropouche Fever: A Review". Viruses 10 (4): 175. ISSN 1999-4915. PMC 5923469. PMID 29617280. doi:10.3390/v10040175.
- ↑ Zhang, Yuli; Liu, Xiao; Wu, Zhen; Feng, Shuo; Lu, Ke; Zhu, Wenbing; Sun, Hengyi; Niu, Guoyu (2024-03-01). "Oropouche virus: A neglected global arboviral threat". Virus Research 341: 199318. ISSN 0168-1702. PMC 10827532. doi:10.1016/j.virusres.2024.199318.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
